Home O Ribeiro Castrelo de Miño A Xunta participa na III Edición do certame "Espirito Ribeiro" que terá...

A Xunta participa na III Edición do certame “Espirito Ribeiro” que terá lugar esta fin de semana en Castrelo de Miño

- Anuncio -

 Xosé Merelles indicou que o festival volve a contar co apoio do apoio do Goberno galego xa que supón un importante reclamo turístico e xeran un impacto positivo nas economías dos concellos participantes


 A Axencia Galega da Calidade Alimentaria apoia tamén o evento Espírito do Ribeiro como un punto de encontro das bodegas con denominación de orixe co público, co fin de que poidan desfrutar das súas producións

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Jose Luis Cabarcos, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron esta mañá en Castrelo de Miño na presentación do festival “Espírito Ribeiro”, organizado polos concellos de Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle, e que terá lugar esta fin de semana.

Xosé Merelles indicou que o festival volve a contar co apoio do Goberno galego xa que supón un importante reclamo turístico e xera un impacto positivo nas economías dos concellos participantes. “A viticultura e a súa vertente turística, o enoturismo, están chamados a ser un dos recursos sobre os que pivota o sector turístico galego”, indicou o director de Turismo.

Ademais, este evento tamén está centrado na gastronomía, que é o segundo motivo polo que os turistas elixen Galicia. Segundo explicou Merelles, dende a Xunta está en marcha o Plan de Territorial de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía de Galicia, cun orzamento de 31,9M €, que ten como obxectivo promocionar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel. A provincia de Ourense contará con 3 Plans dos que se beneficiarán 30 concellos da provincia, e entre eles, están Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño que contarán con 1,5 millón de euros para poñer en marcha xunto a outros concellos da comarca , o PSTD Ribeiro – O Carballiño.

Un ano máis, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria apoia o evento Espírito do Ribeiro como un punto de encontro das bodegas con denominación de orixe co público, co fin de que poidan desfrutar das súas producións.

A aportación principal a estas xornadas é facilitar o acceso de produtores a un espazo expositivo dos seus produtos, os viños amparados pola Denominación de Orixe Ribeiro. Un espazo que facilita tanto o circuíto curto de comercialización entre o consumidor final e o produtor como a propia interacción, para que poidan explicar as características diferenciais das súas producións vitivinícolas.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas