Home Pontevedra O Salnés A Xunta participa na presentación do concerto de Cepeda que terá lugar...

A Xunta participa na presentación do concerto de Cepeda que terá lugar o vindeiro 3 de setembro en Sanxenxo no marco dos concertos do Xacobeo

- Anuncio -

— A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación, xunto o alcalde e Sanxenxo, Telmo Martín e a directora de Dotbeat, Patricia Hermida

— Os Concertos do Xacobeo deron comezo en maio e foron sumando novas incorporacións ata acadar xa máis de 500 artistas en máis de 70 localidades galegas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o alcalde de Sanxenxo e a directora de Dotbeat, Patricia Hermida, presentaron hoxe o concerto de Cepeda que terá lugar Sanxenxo o vindeiro sábado 3 de setembro, e que contará como artista convidada a Antía Muiño.

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, este concerto é unha mostra clara da gran variedade de espectáculos cos que contando Galicia neste Ano Xacobeo tan especial. Dende a Xunta de Galicia tiñamos moi claro que un dos nosos eixes de actuación deste Xacobeo sería o de achegar a cultura á xente, indicou Nava Castro. “Así, propuxémonos diseminar os diferentes espectáculos culturais, artísticos e deportivos aos diferentes territorios, permitindo de esta maneira que todos os lugares de Galicia puideran empaparse desta celebración tan esperada”, reiterou.

Nava Castro rematou afirmando que “grazas ao éxito de turistas e peregrinos que estamos a acadar na actualidade, con máis de 280.000 Compostelas seladas no que vai de ano, temos claro que este Xacobeo é unha oportunidade única para Galicia, para facer visible o que temos que aportar a España e ao excelencia como eixe da programación das actividades”.
Os Concertos do Xacobeo é unha iniciativa da Xunta dentro das actividades do Xacobeo, que entre os meses de maio e novembro deste ano, mantén unha programación de música en vivo con máis de 100 acontecementos por toda Galicia. Neste programa de concertos participan máis de 500 bandas e artistas nacionais e internacionais de todos os estilos, para todas as idades e para todos os gustos.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas