Home A Coruña A Xunta participa na simulación dun incencio Nivel 2 en varios concellos...

A Xunta participa na simulación dun incencio Nivel 2 en varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra

- Anuncio -
  • O director xeral de Emerxencias e Interior e o director xeral de Defensa do Monte participaron xunto cos delegados territoriais da Xunta na Coruña e Pontevedra na coordinación do operativo que abarcou os municipios de Valga, Pontecesures, A Estrada e Padrón
  • O exercicio permitiu avaliar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos aplicando os plans de emerxencia correspondentes

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participaron esta mañá xunto cos delegados territorial da Xunta na Coruña e Pontevedra, Belén do Campo e Agustín Reguera, no simulacro de Activación do Plan especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais en Galicia (Peifoga) e o seu paso a situación 2 por un incendio orixinado entre os concellos pontevedreses de Valga, Pontecesures e A Estrada e o coruñés de Padrón.

Con este exercicio trátase de simular unha emerxencia provocada por un incendio forestal para avaliar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos aplicando os plans de emerxencia correspondentes. Deste xeito, ademais de comprobar a operatividade do Peifoga serve para probar a súa coordinación co Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga).

O simulacro permite ademais adestrar os sistemas de comunicación, como informar á poboación, os procedementos de activación dos plans de actuación municipal e, sobre todo, testar as tarefas asignadas aos distintos grupos operativos e grupos de control.

A actividade realizada hoxe requiriu a constitución de centros de mando e control -o Centro de Coordinación Operativa (CECOP), Sala de Control Operativo (SACOP), Centros de Coordinación de Medio Rural e Posto de Mando Avanzado (PMA)- e a activación do Punto de Recepción de Medios (PRM) ata o que se desprazaron os diferentes servizos de loita contra o lume da Consellería do Medio Rural e o Grupo de Apoio Loxístico á Intervención (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Participaron seis técnicos, cinco axentes, cinco brigadas e cinco motobombas, así como bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña e efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Padrón e A Estrada.

No que se refire ao apoio loxístico e de seguridade colaboraron efectivos de forzas e corpos de seguridade -Policía Autonómica, Garda Civil, Policía Local de A Estrada, Valga, Pontecesures e Padrón-, as agrupación de voluntarios de Protección Civil da Estrada, Valga e Padrón e o GALI da Axega. Como apoio sanitario mobilizouse a través do 061 unha ambulancia asistencial e un vehículo da Cruz Vermella.

Ademais da extinción, neste simulacro, os participantes adestraron actividades como a protección de vivendas ou a adopción de medidas de protección á poboación como a evacuación.

Detalles do simulacro

O simulacro comezou ás 09,00 horas e baseouse nun incendio iniciado en catro focos, un deles no lugar das Laceiras, en Valga, e os outros tres nunha pista forestal. Os traballos de extinción centráronse no primeiro foco pola proximidade ás vivendas e progresando cara o norte ao afectar a varios lugares das provincias da Coruña e Pontevedra.

Coa declaración de situación operativa 2 por risco para as persoas constitúense o CECOP e PMA e actívase o PRM para mobilizar os medios necesarios. Unha vez controlado o incendio desactivouse a situación 2 e finalizou o exercicio.

Relacionadas

O concello de Salvaterra de Miño organizaun ano máis un curso de defensa persoal...

0
O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de marzo un curso de defensa  persoal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe...

A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura na sede da Deputación en Vigo o III Torneo...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou esta tarde na Sede da Deputación en Vigo o III Torneo Nacional de Debate. Sánchez...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta...

Villares participa na homenaxe aos falecidos no afundimento do arrastreiro Villa de Pitanxo no...

0
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na homenaxe aos 21 tripulantes falecidos no afundimento do buque arrastreiro galego Villa de Pitanxo no...

15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

0
O Concello achegou parte dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para este proxecto               A xefa da unidade contra a...

O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para que a Xunta regule as plantacións...

0
Os deputados nacionalistas Brais Ruanova, Sonia Vidal e Ariadna Fernández  reuníronse coa Asociación de Veciños de Carregal para coñecer as súas inquedanzas sobre as...

Publicacións Relacionadas