Home Ourense A Xunta pecha en Verín a semana do emprendemento cunha actividade de...

A Xunta pecha en Verín a semana do emprendemento cunha actividade de intercambio de experiencis no polo Ourense Centro e Sur

- Anuncio -

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron hoxe na xornada Speed dating

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron hoxe na actividade de peche da Semana do Emprendemento que leva celebrando a Xunta desde o pasado martes 11 de abril para dar a coñecer o servizo de asesoramento permanente e personalizado que está a prestar á cidadanía a Administración autonómica desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Deste xeito, asistiron á xornada Speed dating que organizou o Polo Ourense Centro e Sur, con sede en Verín, co obxectivo de lograr entre as persoas emprendedoras unha comunidade máis forte e que poidan comprobar a súa capacidade para poder presentar o seu proxecto de maneira práctica. Na sesión, deste xeito, os participantes falaron sobre eles e o seu proxecto nun minuto, a través dunha dinámica que se caracterizou polo discurso breve e intenso, eficaz e claro. Posteriormente, os participantes contaron cun espazo para intercambiar as súas impresións e poder crear unha comunidade de emprendemento na provincia.

No acto, ao que asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as responsables das áreas de Apoio ao Emprego e Emprendemento da Consellería explicaron as características principais da Rede de polos que puxo en marcha o Goberno galego para apoiar ás persoas emprendedoras cos seus proxectos empresariais en todas as súas etapas, desde o inicio ata o fin.

Na actualidade, están en activo oito polos: os de Lugo Sur, no que se dá este servizo a 9 concellos do sur da provincia; Costa da Morte, que dá cobertura a 29 concellos; Rías Altas e Arco Ártabro, que desde Ferrol ofrece asesoramento a 40 concellos das comarcas da contorna (A Coruña, Ferrol, Eume, Betanzos e Ortegal); Pontevedra Norte e Rías Baixas, que presta desde Silleda apoio ás persoas emprendedoras de 25 concellos; Ourense Centro e Sur, con sede en Verín; A Mariña en Mondoñedo, que presta servizo aos 15 concellos das comarcas A Mariña Central, Occidental e Oriental; Montaña Lucense, que desde A Fonsagrada dá cobertura a 16 municipios; e Miño Central, con sede no Carballiño, desde o que presta servizo a 48 concellos de cinco comarcas (Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro e Terras de Celanova).

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Publicacións Relacionadas