A Xunta pon de relevo a versatilidade de Expourense e a súa consolidación como referente dinamizador máis aló da súa oferta feiral

adminON
Lectura mínima de 1

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, clausurou esta mañá o acto de presentación da memoria de actividades de Expourense do pasado exercicio de 2023. Como representante autonómico e como membro do Padroado de Expourense, destacou a versatilidade deste recinto, que o permite consolidarse como referente dinamizador máis aló da súa oferta feiral e expositiva.

Deste xeito, Alén non só puxo en valor que Expourense organiza feiras internacionais de sona en todo o mundo arredor da alimentación ou do termalismo, senón tamén que soubo adaptarse ás novas necesidades e convertese en referente deportivo, formativo ou de diversas citas musicais.

Comparte este artigo