HomeXunta de GaliciaA Xunta pon en valor a celebración de cursos de idiomas que...

A Xunta pon en valor a celebración de cursos de idiomas que acheguen aos turistas á nosa comunidade

- Anuncio -spot_img

 A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na clausura do curso internacional de “Español y Camino” ante alumnos da Universidade de An Arbor de Michigan

 Galicia acolle cada ano a alumnos de todo o mundo que aprenden español na nosa comunidade e se converten nos mellores embaixadores da nosa cultura

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na clausura do Cursos InternacionaL de “Español y Camino”, levado a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Castro destacou a importancia do turismo de idiomas no noso territorio así como o valor dos estudantes que acoden ao nosa comunidade como os grandes embaixadores da nosa cultura.

Así, destacou a directora de Turismo que gracias a este tipo de iniciativas, “iníciase un intercambio cultural que fai que Galicia se eleve como unha terra multicultural”.
Os cursos Internacionais da Universidade de Santiago contan cunha longa e acreditada traxectoria, con máis de 70 anos de experiencia na organización de cursos de español.
Estes cursos celébranse ao longo de todo o ano e van dirixidos a todas aquelas persoas que queiran aprender ou perfeccionar o idioma ademais de coñecer e achegarse á nosa cultura.

Publicacións Relacionadas