Home Xunta de Galicia A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral de Galicia

- Anuncio -

― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía

― A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático lembra que o Goberno central declinou toda opción de diálogo coa Xunta para evitar a vía xudicial e o conseguinte prexuízo que supuxo a paralización desta lei durante varios meses

A Xunta pon en valor que o pleno do Tribunal Constitucional avale a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, o que, segundo dixo hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, referenda o traballo levado a cabo por parte do Goberno galego de cara a dar seguridade xurídica ás actividades estratéxicas no dominio público marítimo-terrestre.

A conselleira incidiu en que o Tribunal Constitucional desestima 70 das 72 impugnacións incluídas no recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno central, polo que ratifica as plenas competencias da Comunidade para xestionar o noso litoral sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía, tal e como ditaminou o Consello Consultivo no verán de 2022.

A maiores, Ángeles Vázquez lembrou que a elaboración desta normativa contou coa participación de todos os axentes, administracións e colectivos, tanto públicos como privados, con intereses e implicación directa na costa co fin de buscar un texto de consenso e moi participado.

“Neste proceso participaron os mellores, desde o Observatorio do litoral pasando por científicos, académicos, xuristas, a cadea mar-industria mentres que enfronte só nos atopamos pedras no camiño”, aseverou Ángeles Vázquez, que engadiu que o Goberno central declinou todas as opcións de diálogo coa Xunta para chegar a un punto de entendemento que evitara a vía xudicial e o conseguinte prexuízo que supuxo para a Comunidade a paralización desta lei durante varios meses.

Cómpre salientar que a lei do litoral de Galicia ten como obxectivo unha xestión que integre as actividades humanas no litoral para garantir un aproveitamento sostible dos seus recursos e o bo estado dos ecosistemas costeiros desde unha tripla perspectiva: ambiental, social e económica.

Para concluír, Ángeles Vázquez destacou que a lei do litoral foi unha aposta do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para “darlle a Galicia o recoñecemento que se lle estaba negando” mentres que si se lles daba a outras comunidades autónomas.

Relacionadas

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Román Rodríguez reivindica a escola rural como “un modelo educativo de vangarda que é...

0
— O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa no II Congreso Nacional da Escola Rural en Ribadavia — Na cita, a que acuden...

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa vixésima edición

0
— O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de...

0
— Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade — A cita, que acollerá conferencias,...

Publicacións Relacionadas