O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistiron esta tarde no pavillón municipal da Gándara, en Narón, á final da XXXVII Copa Galicia Sénior Feminina entre o Baxi Ferrol e o Durán Maquinaria Ensino Lugo, que venceron nas semifinais ao Celta Femxa Zorka e a Maristas Coruña, respectivamente. Os dous equipos que desputaron a final compiten esta tempada na máxima categoría, a Liga Feminina Endesa e, ademais, no caso do Baxi Ferrol, chegou á final da Eurocup feminina este ano. A Xunta pon en valor o bo momento do baloncesto feminino e, en xeral, do deporte feminino, como acredita o incremento das licenzas femininas.