Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta pon en valor o impulso da economía social no sector...

A Xunta pon en valor o impulso da economía social no sector marítimo-pesqueiro no marco da rede Eusumo

- Anuncio -

— A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na apertura da feira Esdomar, un espazo de encontro de iniciativas de economía social na contorna do mar


— O seu obxectivo é darlle visibilidade ao traballo desenvolvido polo grupo promotor e os colexios participantes no proxecto Eu son economía social do mar, realizado ao abeiro da rede Eusumo, impulsada pola Xunta


— O Goberno autonómico ten en marcha na actualidade a segunda Estratexia da economía social coa aspiración de xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, acompañada da delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou esta mañá na apertura da feira Esdomar, organizada pola Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar) no marco da rede Eusumo e en colaboración coa Confraría de Pescadores de Vigo.

O obxectivo desta cita é promocionar os principios e valores da economía social entre a cidadanía, así como darlle difusión ao traballo realizado polo grupo promotor e os colexios participantes no proxecto Eu son economía social do mar, desenvolvido ao abeiro da rede Eusumo.

Durante a súa intervención, a directora xeral puxo en valor esta iniciativa da Xunta de Galicia que presta apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, asesorando a persoas e entidades interesadas en emprender neste ámbito. Asemade, destacou o papel deste evento, salientando a súa contribución á visibilidade de iniciativas de economía social no sector marítimo-pesqueiro.
Marta Mariño destacou que a Administración autonómica está comprometida co impulso da actividade económica destas fórmulas de negocio como motor de crecemento sustentable, a prol de incrementar a súa competitividade e mantendo empregos de calidade. Ademais, remarcou que a Xunta ten en marcha na actualidade a segunda Estratexia da economía social, unha planificación con horizonte 2027 e un orzamento de 174 millóns de euros coa aspiración de xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial. O documento, que se desenvolve de xeito transversal en colaboración cos distintos departamentos autonómicos, aspira a mellorar as competencias das persoas e as capacidades das entidades dentro da economía social, para enfrontar os retos do novo contexto socioeconómico e para consolidar o seu crecemento continuo en Galicia.

O programa da feira -que se celebra na lonxa de Canido – contempla a presentación de iniciativas de economía social na contorna do mar, obradoiros, exposicións, música e gastronomía.

A Rede Eusumo

A Rede Eusumo incrementouse desde 2022 nun 4,1%, tendo actualmente a un total de 102 entidades adheridas. A través dela, préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social e impúlsase o modelo empresarial no ámbito local a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.

Cómpre engadir que a Rede Eusumo pode estar integrada por asociacións de entidades de economía social; os concellos de Galicia, áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e consorcios locais; as cámaras de comercio; as universidades e as fundacións e asociacións, así como polas organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

Relacionadas

A Xunta inaugura en Ourense os encontros ‘Ultreia’ para impulsar o emprendemento e a...

0
— José González destacou que os encontros se levarán a cabo en colaboración coas confederacións empresariais provinciais e galega no marco do programa Ultreia...

Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta polo rural e a prosimidade do ensino...

0
— O conselleiro de Educación comproba o resultado da obra, cun investimento de 3,3M€, grazas á que se puido implantar o Bacharelato neste concello,...

Ángeles Vázquez avanza que o Tribunal Europeo priorizará a súa decisión sobre a tramitación...

0
— A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático sinala que as resolucións do TXUE tardan unha media de 18 meses e celebra que...

O conselleiro de Educación anima a unha maior colaboración entre administracións para a rehabilitación...

0
— O conselleiro visita o Colexio CEIP Daría González García, que pon como exemplo de cooperación entre a Xunta, a Deputación e Pontevedra e...

A Xunta reúne ás entidades da Alianza Galega polo Clima no primeiro encontro de...

0
— Ángeles Vázquez subliña que cómpre un compromiso transversal, conxunto e coordinado das administracións e do tecido produtivo e social da Comunidade para conseguir...

Xosé merelles salienta a aposta da Xunta por facer uso da tecnoloxía para avanzar...

0
O director de Turismo de Galicia participou na presentación do proxecto ‘Camiño Francés: Camiño 360’ da Mancomunidade de Municipios do Camiño FrancésRecordou a aposta...

Publicacións Relacionadas