A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá asemblea xeral da Fundación Autismo Coruña. Neste acto, puxo en valor o labor da entidade en defensa dos dereitos das persoas con trastorno do espectro autista, visibilizando a súa realidade e sensibilizando a toda a poboación.
Ademais, a directora xeral de Persoas con Discapacidade reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia coa atención ás persoas con trastornos do espectro autista e fixo fincapé na importancia de buscar novas respostas ao desafío que supón a maior prevalencia destes trastornos entre a poboación. Neste senso, puxo en valor a aposta do Goberno galego por ese novo centro para persoas con autismo se está construír en Friol en colaboración coa Asociación Aspanaes e para o que estamos destinando 4 millóns de euros. Un equipamento que será pioneiro en España e unha referencia na atención especializada ás persoas con autismo.
Así mesmo, tamén destacou que a Xunta xa está a traballar coa federación de Autismo Galicia en novos proxectos cos que seguir achegando solucións ás demandas actuais do TEA. Concretamente, a Xunta colabora coa Fundación Autismo Coruña no desenvolvemento de programas de protección social e xurídica para as persoas con TEA e as súas familias e a través de convenios para a dotación de equipamentos. Nos últimos anos, esta colaboración superou os 125.000 euros.



