HomeXunta de GaliciaA Xunta pon en valor o labor social do sector mineiro galego...

A Xunta pon en valor o labor social do sector mineiro galego na revitalización do rural e o seu esforzo innovador nos procesos produtivos

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Planificación enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, mantivo esta mañá un encontro de traballo co novo presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Eliseo López Alonso, que substitúe no cargo a Víctor Cobo Arias, ao fronte da entidade nos últimos 15 anos e presente na reunión de hoxe xunto co xerente do clúster Severino González.  

Neste contexto, Fernández Vila e Eliseo López coincidiron no importante labor social que xoga a minería na dinamización do rural galego e como xerador de emprego. O director xeral tamén agradeceu ao Clúster da Pizarra de Galicia o importante esforzo que está a realizar o sector para incorporar as novas tecnoloxías aos seus procesos produtivos, coa mellora das condicións de seguridade e a restauración do entorno.

Publicacións Relacionadas