Home Xunta de Galicia A Xunta pon en valor o papel clave da arquitectura para avanzar...

A Xunta pon en valor o papel clave da arquitectura para avanzar nun urbanismo responsable e sostible

- Anuncio -

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe en Sanxenxo no acto de entrega de diplomas dos premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2022, un galardón outorgado polas delegacións de Pontevedra, Vigo e Ourense do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) que busca recoñecer aquelas obras que pola súa exemplaridade sirvan como mostra do facer arquitectónico do sur da Comunidade.

Precisamente e tras facer entrega dun dos diplomas en nome da Xunta, a directora xeral puxo en valor o papel que xoga a arquitectura desde o punto de vista da ordenación do territorio e á hora de avanzar cara ao obxectivo común dun urbanismo responsable, sostible e integrado coa contorna.

Cómpre lembrar que os premios Gran de Area naceron en Vigo no ano 2001 co fin de contribuír á harmonía entre arquitectos e promotores para acadar o mellor resultado arquitectónico e construtivo posible.

No marco da edición 2022 destes galardóns recibíronse un total de 63 proxectos de moi diversas escalas e localizacións. O pasado mes de decembro as tres delegacións provincias do COAG fixeron público o fallo do xurado e esta tarde celebrouse o acto oficial de entrega de diplomas aos responsables das 16 actuacións premiadas, no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. Ademais de Encarnación Rivas, tamén asistiu o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Jacobo Hortas.

Nesta ocasión, as obras escollidas englóbanse en máis de 10 tipoloxías diferentes en función do seu carácter urbano, habitacional, industrial, comercial ou paisaxístico, e con escalas tamén moi diversas, que van desde pequenas intervencións, a outras que resolven espazos urbanos a nivel cidade. Entre elas, cómpre destacar a rehabilitación dun edificio para albergar o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional de Ourense ou a Cidade da Xustiza de Vigo, ambas actuacións promovidas pola Xunta.

Relacionadas

Rueda destaca o compromiso da xunta coa investigación sanitaria ao case triplicar o investimento...

0
— Os orzamentos deste ano reservan 6,3 M€ a este eido, un 10% máis que no 2023 — Salientou que a investigación é fundamental para...

A Xunta inviste 2M€ no apoio á actividade de máis de 1.300 entidades deportivas

0
-O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da liña de axudas para clubs, sociedades anónimas, seccións e núcleos de adestramento especializado de...

Bota a andar o plan da Xunta para intensificar a calidade e sustentabilidade nos...

0
— O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, abre a primeira das xornadas informativas que se celebran esta semana entre os concellos da...

A Xunta destaca a importancia do deporte para cara a plena inclusión das persoas...

0
A directora xeral Begoña Abeijón participou hoxe na inauguración dos XXIV Xogos Autonómicos de Atletismo de Special Olympics Galicia A directora xeral de Persoas con...

A Xunta organiza unha xornda técnica sobre o benestar laboral no marco unha empresa...

0
― O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou esta semana esta xornada que dá comezo aos actos organizados co gallo...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Publicacións Relacionadas