Home A Coruña A Xunta pon en valor o papel do Porto de Ferrol na...

A Xunta pon en valor o papel do Porto de Ferrol na reactivación económica da súa área de influencia

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, clausurou hoxe as xornadas ‘Porto-empresa’, organizadas pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao


— Defendeu o compromiso do Goberno galego coas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal nos orzamentos de 2023 e no cumprimento das medidas do Pacto de Estado por Ferrol

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, na clausura das Xornadas porto-empresa. Impulsando a industria do futuro, onde destacou a importancia do porto de Ferrol na recuperación económica das comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal e A Mariña lucense. Por iso, avogou por diversificar a actividade para lograr o asentamento de novas empresas con iniciativas como as que se están a levar a cabo encamiñadas cara a unha transición xusta e ordenada necesaria para a toda a industria galega.

Nesta liña, destacou proxectos previstos pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao en colaboración con empresas como Reganosa co obxectivo de converterse nun hub enerxético e industrial. Trátase dunha iniciativa preseleccionada pola Xunta para optar ao Fondo de Transición Xusta, na que participan empresas punteiras do sector e con forte arraigo na comarca. Cun investimento previsto de 35 millóns de euros en cinco anos, contribuirá a que as empresas vinculadas ao porto poidan ter unha garantía de subministración de enerxía a un prezo competitivo.

Tamén puxo como exemplo a futura planta de ensamblaxe de estruturas eólicas flotantes que promove a empresa Nervión Naval Offshore cun investimento de 24 millóns de euros. O vicepresidente segundo incidiu en que a Xunta colaborará coa Autoridade Portuaria nos proxectos que permitan avanzar cara a esa transición xusta. Ademais, explicou que cando o próximo ano estea operativo o enlace de tren ao porto exterior de Caneliñas, esta conexión incrementará a actividade económica de toda a contorna.

Por iso, do mesmo xeito, esixiu ao Goberno central concreción sobre as convocatorias dos fondos europeos para proxectos estratéxicos na comarca, como a fábrica de metanol verde de Forestal do Atlántico en Mugardos ou a planta de pneumáticos de Sentury Tires nas Pontes. Tamén está prevista unha planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP nas Pontes que xa conseguiron fondos europeos.

Canto ao sector do naval, cun importante peso na comarca de Ferrolterra, Diego Calvo volveu reclamar ao Executivo estatal a construción do dique seco en Navantia para avanzar na implantación do estaleiro 4.0 e axilidade nas convocatorias do Perte do naval. Lembrou que desde que o pasado mes de outubro a ministra de Industria presentase o Perte en Vigo, e sen diálogo previo co sector, xa van con retraso as convocatorias anunciadas e previstas. Pola súa parte, a Xunta continúa coa Estratexia naval 2022-2026 co obxectivo de que esta folla de ruta permita aproveitar as oportunidades de diversificación do sector e aproveitar o PERTE aprobado polo Goberno.

Na súa intervención, o vicepresidente segundo tamén lembrou o compromiso da Administración autonómica con Ferrol con máis de 113 millóns de euros previstos nos orzamentos do próximo ano en melloras en sanidade, na rede viaria, nos servizos sociais ou no eido educativo en Ferrol, Eume e Ortegal.

Tamén puxo como exemplo do compromiso do Goberno galego con Ferrol a posta en marcha en xaneiro deste ano da delegación da Xunta ou a aprobación o ano pasado do Pacto de Estado por Ferrol. Este documento recolle máis dun cento de medidas que, no caso das que son competencias da Xunta, supoñen actuacións como a ampliación do novo hospital, melloras nas infraestruturas viarias entre os concellos da zona ou a posta en marcha do novo albergue de peregrinos na Casa do Mar o próximo ano.

Diego Calvo sinalou a necesidade de que o Goberno central dea unha resposta sobre e a súa adhesión ao pacto e sitúe entre as súas accións prioritarias as áreas que son da súa competencia como a construción naval ou, en materia ferroviaria, coa inclusión da liña A Coruña-Ferrol no corredor atlántico de mercadorías, ademais de modernizar a liña Ferrol-Ribadeo.

Nas xornadas Porto-empresa organizadas esta semana no CIS Tecnoloxía e Deseño participaron onte as conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana. Hoxe a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, formou parte dunha mesa sobre porto e turismo impartindo o relatorio O auxe do turismo de cruceiros en Galicia.

Durante a súa intervención, Nava Castro, explicou a traxectoria de Galicia como destino náutico dende hai séculos, feito que provoca que que a comunidade galega continúe a traballar para potenciar as posibilidades neste ámbito, aproveitando os recursos naturais e as infraestruturas que fan de Galicia un destino náutico de excelencia.

Así, Castro destacou a importancia deste segmento para o crecemento dun turismo sustentable e de calidade. Neste senso, destacou a importancia que tivo para a recuperación do turismo galego, xa que o turismo de cruceiros presentou unha capacidade de recuperación moi notable tras a incidencia da pandemia, superando non só os datos dos últimos anos senón tamén os previos á pandemia, cunha recuperación dun 18% con respecto aos datos de 2019 e acadando ata o de agora un máximo da serie histórica ata o mes de outubro con máis de 355.000 pasaxeiros.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

Publicacións Relacionadas