Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir...

A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os vínculos sociais e culturais coa colectividade do exterior

- Anuncio -

— Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior maiores de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias

— Procedentes de Cuba, Venezuela, O Brasil, A Arxentina ou O Uruguai, durante a súa estadía teñen a oportunidade de participar en diversas actividades de lecer e visitas culturais para reconectar coas súas raíces

— José González agradeceulles o seu papel como embaixadores da galeguidade, transmitindo o legado ás novas xeracións para manter vivo o vínculo coa súa terra

— Lembrou que, no marco da Estratexia Galicia Retorna, o Goberno galego impulsa medidas para promover a integración sociolaboral dos galegos residentes no exterior co obxectivo de fixar poboación e dar resposta ás vacantes do mercado de traballo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta mañá nunha recepción aos preto de 200 participantes do programa Reencontros con Galicia, procedentes de Venezuela, Cuba, O Brasil, A Arxentina e O Uruguai.
Este programa -que conta con máis de 30 anos de experiencia e se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade- ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior maiores de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias. Neste senso, o conselleiro de Emprego sinalou que, aínda que a terra que os recibe hoxe é moi diferente á que deixaron, a esencia e o sentimento de fogar permanecen inalterables, facendo que o regreso sexa sempre especial e emotivo.
Durante a súa estadía, que comezou o pasado día 8 e se prolongará ata este sábado día 19, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e O Carballiño. Ademais, teñen a oportunidade de participar en diversas actividades de lecer e visitas culturais para reconectar coas súas raíces e coas paisaxes e cidades de Galicia.
José González puxo en valor que moitos deles levan décadas sen regresar e que para a Xunta é un orgullo contribuír a que se reencontren cos seus familiares e a que coñezan de primeira man a Galicia próspera e moderna. Agradeceulles, asemade, o seu papel como embaixadores da galeguidade, transmitindo o noso legado ás novas xeracións para manter vivo o vínculo coa súa terra.
Para a Xunta, a través da Secretaría Xeral da Emigración, é unha prioridade promover a participación da colectividade galega no exterior na vida cultural e social de Galicia. Ademais, no marco da Estratexia Galicia Retorna, o Goberno galego impulsa medidas para promover a volta dos galegos residentes no exterior. Entre elas destaca o Programa Retorna Cualifica Emprego, cuxo obxectivo é promover en orixe traballos de calidade aos que noutrora emigraron ou aos seus descendentes, con formación específica ao efecto e axudas para establecerse na nosa terra. Así, ao tempo que se aumenta e fixa poboación -especialmente na Galicia rural- dáse resposta ás vacantes existentes no mercado laboral.

Relacionadas

A Xunta destaca que unha industria segura será máis produtiva, eficiente e máis competitiva

0
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe á 5ª xornada de Seguridade industrial do sector das minas onde...

A Xunta destaca a ampla traxectoria de Manuel Patinha con motivo da mostra retrospectiva...

0
Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe na inauguración da mostra...

Lete reivindica o ‘deporte para toda a vida’ tras o ouro individuao e por...

0
_Ten un recoñecemento especial para Jorge Crespo que acadou outro fito para Galicia coa medalla de prata na categoría Máster 40 O secretario xeral para...

A Xunta comprométese a continuar apoiando iniciativas de mellora para as persoas con transtorno...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, trasladou a Apacaf (Asociación de Pais con Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros...

A Xunta apoia un cento de actividades de fomento e impulso da economía social...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cun total de 23 entidades beneficiarias...

A Xunta facilitará e impulsará o labor dos autónomos coa simplificación nunha única convocatoria...

0
― Para o 2025, a liña que englobará as achegas específicas para as persoas traballadoras por conta propia estará dotadas con 40 M, complementándose...

Publicacións Relacionadas