O director xeral de Planificación Enerxética e Minas Pablo Fernández Vila, asistiu esta mañá á inauguración do 16º Salón do Automóbil, que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense: a fin de semana do 17 ao 19 de outubro co Salón do Vehículo Novo, e dende o 22 ao 24 de outubro co Vehículo de Ocasión. Durante a inauguración se rendeu unha sentida homenaxe a Ramón Seijas, quen foi presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (Acauto) durante quince anos e que falecía no mes de abril.
Tras o recorrido, Fernández Vila asegurou que a feira constitúe o mellor escaparate que ten o sector na provincia e animou á cidadanía ourensá a visitar a exposición na que participarán 15 empresas representando a 27 marcas da automoción.