HomeXunta de GaliciaA Xunta pon en valor o transporte de mercadorías par acontribuír á...

A Xunta pon en valor o transporte de mercadorías par acontribuír á competetividade económica da comunidade

- Anuncio -spot_img

— Diego Calvo reclama concrecións sobre o Plan Director do Corredor Atlántico de Mercadorías e esixe ao Goberno central avances en infraestruturas ferroviarias pendentes que afectan á conexión da provincia ourensá como a modernización das liñas Ourense–Monforte–Lugo, Vigo–Redondela–Guillarei–Ourense ou Ourense–Zamora


— María Jesús Lorenzana ratificou o compromiso da Xunta coa proxecto da estación de mercadorías ferroviarias de San Cibrao das Viñas e avanzou que o Goberno galego “vai proceder a modificar” o proxecto sectorial da Cidade do Transporte para poder dispor da superficie necesaria para a súa construción


— Apunta que Ourense é unha das provincias con máis solo industrial en tramitación, tres millóns de metros cadrados, porque “é necesario” e, ademais, trátase dunha provincia “con futuro industrial”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participaron hoxe xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, no Foro Ourense Industrial. O futuro do transporte de mercadorías en Ourense, organizado pola Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao. No encontro púxose de manifesto a importancia de apoiar a este sector estratéxico esencial para garantir a competitividade económica da comunidade.
Na súa intervención, Diego Calvo destacou o transporte ferroviario de mercadorías como unha oportunidade, ao tempo que incidiu na necesidade de que o Goberno central invirta en mellorar os servizos e as infraestruturas para que sexan competitivos. Así, a Xunta avoga por apostar por trens longos e locomotoras con maior capacidade de arrastre, ademais de impulsar as autoestradas ferroviarias e as terminais.
Pese a que se trata dunha competencia estatal, a Xunta colabora co Cluster da Función Loxística de Galicia no fomento do transporte ferroviario de mercadorías a través do Corredor Atlántico e, por iso, a Dirección Xeral de Mobilidade conta cun novo servizo de loxística e instalacións ferroviarias e aeronáuticas para impulsar o papel da comunidade nestes sectores.
Diego Calvo referiuse tamén ao carácter estratéxico do Corredor Atlántico para incrementar as capacidades loxísticas e a competitividade de Galicia no transporte de mercadorías. Nesta liña, lembrou que o Goberno galego segue sen ter concrecións do seu Plan Director e que a comunidade segue sumando retrasos nas infraestruturas pendentes e incidencias nos servizos ferroviarios. No caso dos incumprimentos do Executivo estatal coa provincia ourensá mencionou a necesidade de axilizar a modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte-Lugo, avanzar na da liña Vigo obras como a modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte-Lugo, a liña Vigo-Redondela-Guillarei-Ourense polo Miño ou a que une Ourense e Zamora, todas elas esenciais para a conexión ferroviaria de Galicia.
En canto ao transporte de mercadorías por estrada, a Xunta conta con medidas para facilitar a incorporación de novos profesionais como é o caso das axudas para a obtención dos carnés das clases C e D e do certificado de aptitude profesional (CAP). Apuntou tamén o apoio ás mulleres transportistas, coa posta en marcha dunha rede pioneira en España de áreas de estacionamento seguro con 1.500 prazas, como a inaugurada a comezos deste ano no polígono de San Cibrao das Viñas froito da colaboración entre o Goberno galego, a Deputación de Ourense e o empresariado.
A maiores, avanzou que se está a traballar na orde de axudas para o desenvolvemento de áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías por 500.000 euros para a instalación de 250 prazas. Apuntou tamén o impulso á modernización, dixitalización e transformación das frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías, con axudas específicas financiadas con fondos europeos.
Unha infraestrutura moi necesaria
Pola súa banda, a conselleira de Economía e Industria destacou que Ourense é unha das provincias con máis solo industrial en tramitación, tres millóns de metros cadrados, porque “é necesario” e, ademais, trátase dunha provincia “con futuro industrial”.

Neste contexto, ratificou o compromiso da Xunta co proxecto da estación de mercadorías ferroviarias de San Cibrao das Viñas e avanzou que o Goberno galego “vai proceder a modificar” o proxecto sectorial da Cidade do Transporte para ampliar a superficie e poder incorporar, así, os metros cadrados necesarios para a construción desta infraestrutura (preto de 26.000 m²).

Nesta liña, a Xunta apoia a esixencia da asociación de empresarios ao Goberno central de redactar un estudo de viabilidade para a construción desta terminal, susceptible de ser incluída no Corredor Atlántico de mercadorías, e para o que se precisa que o Executivo estatal acceda á súa licitación.

Publicacións Relacionadas