Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta pon en valor os premios de executivas de Galicia e...

A Xunta pon en valor os premios de executivas de Galicia e as recoñecidas este ano pola súa traxectoria a prol da igualdade entre mulleres e homes

- Anuncio -

— O conselleiro destacou as achegas da catedrática Mª Emilia Casas Baamonde -entre outras- para aplicar a perspectiva de xénero ao Dereito e as da directora da OCDE, Ana José González, como primeira muller en ocupar este posto e no sector privado

— O titular de Emprego referiuse ás políticas do Goberno galego a prol da igualdade, como as axudas comprometidas para os primeiros 100 días de goberno que se destinaron a impulsar a contratación feminina en ocupacións masculinizadas

— A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, clausurou o acto destacando a importancia de seguir tecendo redes coma a de Executivas de Galicia, para seguir dando pasos adiante no camiño imparable que é a igualdade de xénero

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, inaugurou esta tarde en Santiago a entrega do IX Premio Executivas de Galicia e do I Premio Executivas Internacional, onde puxo en valor tanto a traxectoria das galardoadas –“auténticas referentes”- como a da entidade que outorga os recoñecementos a prol do liderado feminino, da conciliación e da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

No caso de Executivas de Galicia, o conselleiro destacou que está formada por case 300 emprendedoras, empresarias, directivas e traballadoras de distintos sectores, que contribúen a visualizar o apoderamento das mulleres como motor de pasado, presente e futuro e clave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

En relación ás premiadas, González foi o encargado de entregar o IX Premio Executivas de Galicia a Mª Emilia Casas Baamonde, catedrática de Dereito e da Seguridade Social. Falou dun recoñecemento máis que merecido por unha andaina repleta de fitos: a primeira muller catedrática de Dereito do Traballo e Seguridade Social de España, a membro que ingresou máis nova no Tribunal Constitucional, primeira muller en presidir este Alto Tribunal e pioneira en aplicar a perspectiva de xénero ao Dereito.

Canto á lucense Ana José Varela González, directora financeira da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), recibiu o I Premio Executivas Internacional non só por ser a primeira muller en ocupar este posto. Integrada na plataforma Referentes Galegas de Executivas de Galicia, aportou tamén en distintos eidos do sector privado e en 2015 foi distinguida como Eisenhower Fellow, programa de liderado que premia a profesionais centrados en xerar un mundo máis pacífico, próspero e xusto.

Pola súa banda, a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, encargada de clausurar o acto, destacou a importancia de seguir tecendo redes coma a de Executivas de Galicia, e que todas estean unidas para seguir dando pasos adiante no camiño imparable e dunha soa dirección que é a igualdade de xénero. Sobre as premiadas, Quintiana afirmou que son dúas mulleres referentes que merecen ser aínda máis coñecidas e recoñecidas por toda a sociedade porque nelas moitas nenas e mulleres ven como si é posible. No que se refire ao liderado feminino, avogou por un liderado consciente, de coidados e incluínte para que todas e todos vivamos mellor.

Compromiso da Xunta
Na súa intervencion, González tivo unha mención para as políticas da Consellería de Emprego. Nesa liña, recordou que esta mesma semana se vén de constatar que a cifra de mulleres desempregadas é a máis baixa nun setembro desde que hai rexistros (2005).

Para seguir por esta senda, referiuse a axudas como as comprometidas para os primeiros 100 días de goberno destinadas a impulsar a contratación feminina en ocupacións masculinizadas. Tamén ao programa Lideramos, centrado no impulso ao talento e liderado feminino -con 150 mulleres participantes-; á campaña Ti elixes para promover con charlas nos centros de secundaria a elección de profesión sen atender a prexuízos de xénero; ou o Campus en liña de igualdade laboral, con máis de 6.000 persoas usuarias.

No eido do emprendemento, salientou que a Rede de polos leva máis de 2.500 proxectos atendidos dos que case un 60% están impulsados por mulleres. Engadiu que onte se inaugurou na Coruña o centro que coordinará as políticas de orientación e emprendemento da Xunta, desde o que se supervisará a Rede e se avanzará na coordinación dos axentes do ecosistema emprendedor.

Relacionadas

Lorenzana anuncia que as empresas poderán solicitar solo industrial gratuíto durante os oito primeiros...

0
— A medida pon a disposición das empresas máis de medio millón de metros cadrados en réxime de dereito de superficie a custo cero...

Rueda defende unhaa reforma do financiamiento autonómico nun marco multilateral

0
 Sostén que cómpre seguir loitando para “que a igualdade básica entre todos os españois se manteña”  Avoga por poñer en marcha políticas públicas...

A campaña GALICIA SABE AMAR desembarca na capital coruñesa para levar a calidade dos produtos...

0
- A iniciativa, retomada pola Consellería do Mar no pasado mes de agosto, estará presente con catro foodtrucks na explanada de Riazor para que...

A Xunta pon en valor o traballo da Policía para consolidar Galicia como unha...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, participaron hoxe na conmemoración...

O Murallón de Son celebra a súa terceira edición co apoio da Xunta para...

0
— Incorpórase á listaxe dos 11 festivais apoiados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria anual de axudas e dos...

Román Rodríguez gaba a creatividade dos 77 alumnos de 11 centros educativos premiados polas...

0
— “Hai unha gran valentía nas vosas propostas e ese valor é o que debe levarvos a traballar para cambiar as cousas”, sinala o...

Publicacións Relacionadas