Home Xunta de Galicia A Xunta potencia coa marca ‘Cncertos do Xacobeo’o destino de Galicia como...

A Xunta potencia coa marca ‘Cncertos do Xacobeo’o destino de Galicia como sede de grandes eventos musicais e de ocio

- Anuncio -

— Kings of Lions, Bryan Adams, Duki e outros grandes grupos actuarán no marco do festival ‘O Son do Camiño’


— O Gozo Festival incluirá os concertos de Franz Ferdinand, Leny Kravitz, Alanis Morrissette, Lionel Richie, Chayanne, Leyva, David Guetta e Anastacia

A Xunta de Galicia presentou este venres a súa programación de concertos e grandes festivais que terán lugar este 2025 nas principais cidades galegas como reforzo da oferta de turismo urbano da Comunidade. Así o puxo de manifesto o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na presentación de ‘Concertos do Xacobeo’, a marca coa que pretende unificar a programación de música, espectáculos e ocio co obxectivo de convertela en atractivo turístico.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles referiuse a citas que son xa habituais nas axendas dos afeccionados da música en directo como os festivais O Son do Camiño, o Morriña Festival, o Resurrection ou o A Coruña Sounds.

A aposta por este tipo de eventos musicais xunto con outras accións como concertos de grandes artistas, fai que Galicia poida contar este 2025 con solistas, bandas e grupos internacionais da talla de Kings of Lions, Bryan Adams, Duki, que actuarán en Santiago de Compostela no festival O Son do Camiño.

Franz Ferdinand, Leny Kravitz, Alanis Morrissette, Lionel Richie, Chayanne, Leyva, David Guetta e Anastacia forman parte da programación do Gozo Festival en A Coruña e Vigo.

Neste sentido, Xosé Merelles salientou a promoción de Galicia que se fai a través destes grandes concertos e festivais que se traduciu na visita en 2023 de máis de 1,6M turistas que acudiron atraídos por estas citas.

Relacionadas

A Xunta activa na madrugada do domingo a alerta vermella no litoral costeiro da...

0
― Desde esta madrugada estará activa a alerta laranxa en toda a costa galega por temporal costeiro, así como en zonas da Coruña e...

Portos de Galicia autoriza ao Concello de Cambados a substitución de árbores na alameda...

0
A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, vén de remitir ao Concello de Cambados sendas autorizacións administrativas para actuacións de carácter...

A Xunta alleou 27 lotes de madeira por un millón de euros nunha poxa...

0
Os importes acadados manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas en anteriores ocasións, sendo previsible que continúen nestes niveis dado que está...

Lorenzana destaca o apoio da Xunta para reducir a factura eléctrica dos negocios e...

0
— A conselleira explica que foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme o ano pasado e que “é un exemplo da implicación das nosas pemes...

A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional

0
― Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores,...

Galicia pecha a súa presenza en FITUR con dúas propostas para continuar avanzando en...

0
Galicia puxo fin ás xornadas de presentación de destino de Fitur 2025 dirixidas ao sector profesional do ámbito turístico con dúas propostas que permiten...

Publicacións Relacionadas