Home A Coruña A Xunta premia os traballos gráficos e audiovisuais de centros escolares de...

A Xunta premia os traballos gráficos e audiovisuais de centros escolares de Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Cee no concurso convocado polo 25-N

- Anuncio -

― O xurado recoñeceu o valor das propostas presentadas nas que primaron as mensaxes de concienciación e prevención da violencia de xénero e de denuncia desta lacra

― A entrega dos premios escenificarase nun acto presidido pola conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade o 25 de novembro en Santiago de Compostela

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade xa fallou os premios de creación gráfica e audiovisual do concurso convocado polo 25-N, día internacional contra a violencia de xénero. As propostas individuais e colectivas deste ano destacaron pola súa orixinalidade e reflexión acerca dunha lacra que, tal e como se trasluciu nos traballos, adquire novas caras. Escolares de Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Cee (A Coruña) resultaron primeiros nas diferentes categorías, nas que tamén foron recoñecidas pezas gráficas e audiovisuais de centros de Ourense, Ferrol, Salvaterra de Miño (Pontevedra) e Burela (Lugo).

No certame foi gañador na 1ª categoría de imaxe gráfica -para 5º e 6º de educación primaria e de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e educación especial- un alumno do IES Ánxel Fole de Lugo polo seu traballo Non sexas o seu xoguete. O segundo posto correspodeu ao cartel Sempre hai portas por abrir doutro estudante que, igual que o anterior, cursa 1º de ESO, neste caso no Colexio Santo Ángel de Ourense.

Na modalidade audiovisual desta mesma categoría, o xurado valorou como mellor traballo Entendes ou non, a proposta de oito mozas e mozos do CEIP Mestre Martínez Alonso de Pontevedra. Foi segundo o CIFP Pintor Antonio Fernández, tamén de Pontevedra, por Trata como queiras que che traten!!

Na 2ª categoría -dirixida a 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, FP básica e de ciclos de grao medio e superior- o primeiro posto na modalidade de imaxe gráfica foi para un grupo de 1º de Bacharelato do IES de Sar, de Santiago de Compostela, pola súa proposta O amor non morde. Concedéronse tamén un segundo premio, a un equipo de 2º de Bacharelato do IES Salvaterra de Miño (Pontevedra), polo traballo Abre os ollos, están matando mulleres; e un accésit ao cartel do CIFP Leixa de Ferrol, co título: A violencia non che dá poder.

Na modalidade audiovisual destes cursos, os recoñecementos foron para dúas equipas. O primeiro para Control virtual, violencia real, a proposta do ciclo medio de xestión administrativa do IES Fernando Blanco de Cee (A Coruña). A plata foi para Non cales. Fala, montaxe realizada por 1º de Bacharelato do IES Monte Castelo de Burela (Lugo).

O xurado estivo integrado por representantes da Secretaría Xeral da Igualdade, da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e da Comisión Asesora de Publicidade non Sexista. Recoñeceu a calidade técnica e creativa das propostas da presente convocatoria e tivo en conta na súa valoración a transmisión dunha mensaxe clara de rexeitamento fronte á violencia de xénero e a adecuación desta aos obxectivos que se promoven de prevención, detección precoz e intervención fronte á lacra.

Con esta iniciativa, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pon en valor a reflexión sobre esta lacra realizada no eido escolar co foco posto na prevención, na detección precoz, na intervención e no recoñecemento das novas violencias.

A entrega de premios farase coincidir este ano coa conmemoración, o 25-N, do día internacional contra a violencia de xénero. Todos os galardoados, ben a título individual como colectivo, recibirán cheques regalo para investir no comercio local e os centros representados, cadanseus lotes de libros.
*Ligazón para descarga dos traballos premiados: https://we.tl/t-VjnvuVw2dF

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas