HomeXunta de GaliciaA Xunta prepárase para que o  eclipse solar de 2026 sexa unha...

A Xunta prepárase para que o  eclipse solar de 2026 sexa unha oportunidade para o astroturismo en Galicia

- Anuncio -spot_img

Turismo de Galicia participa esta semana no Encontro Internacional Starlight onde pon en común os traballos que están a realizar para preparar o destino a este evento

Turismo de Galicia participa estes días no Encontro Internacional Starligh, que se celebra en Soria, coa intención de que as distintas Comunidades autónomas participantes compartan e debatan sobre as necesidades dos seus destinos para prepararse para o eclipse solar de 2026 desde o punto de vista turístico.

Desde o organismo autonómico recordouse que este será un fenómeno astronómico excepcional que poderá situar Galicia como un destino destacado do astroturismo europeo nun momento clave para a diversificación e sostibilidade do sector turístico galego. Por iso, como avanzaron, desde Turismo de Galicia se está a traballar con distintos departamentos e o sector para que se trate dun evento seguro e atractivo que, ademais, contribúa a que as persoas que escollan Galicia para o seu avistamento poidan, tamén, alongar a súa estadía na Comunidade galega.

Á hora de traballar estase a ter moi en conta as potencialidades actuais do destino Galicia, que destaca polo compromiso coa protección do ceo nocturno da Comunidade Galega. De feito conta con ata oito Destinos Turísticos Starlihght certificados pola Fundación Starlight, o que supón aproximadamente o 17% dos destinos deste tipo de España.

Publicacións Relacionadas