HomeOurenseA LimiaA Xunta presenta en Xinzo de Limia a quinta campaña do programa...

A Xunta presenta en Xinzo de Limia a quinta campaña do programa “Merca no teu Mercado” para impulsar o comercio local en vilas e concellos rurais

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da quinta campaña quincenal do programa en colaboración coa Federación Galega de Comercio e, nesta edición, coa asociación de comerciantes Prolimia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola presidenta da Federación Provincial de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, e do alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, participou esta mañá na Praza Maior do municipio na presentación da quinta campaña quincenal do programa Merca no teu comercio, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio, e que nesta ocasión conta tamén coa participación activa da asociación de comerciantes Prolimia.

A nova campaña desenvolverase entre o 5 e o 20 de agosto, co obxectivo de impulsar as vendas no comercio local, visibilizar o seu papel na dinamización económica e social dos concellos rurais, e reforzar a súa presenza nas zonas sen tecido asociativo consolidado. Ademais, continúan abertas outras campañas do programa na provincia de Ourense ata o 4 de agosto, concretamente nos concellos de A Gudiña, A Veiga, O Bolo e Viana do Bolo, como parte dunha estratexia continuada de apoio ao comercio de proximidade.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, as persoas consumidoras poderán rexistrar as súas compras a través da páxina web oficial da campaña ou directamente nos establecementos participantes, ampliando así as opcións de participación. Entre todas as persoas usuarias sortearanse 20 tarxetas prepago de 50 euros, que poderán ser utilizadas nos comercios locais adheridos ata o 31 de decembro de 2025. Neste caso, a entrega dos premios terá lugar o vindeiro 29 de agosto, coincidindo co inicio da Feira do Comercio Prolimia na localidade.

Publicacións Relacionadas