HomeLugoA Xunta presenta o Gran Premio de España de Motocross que volverá...

A Xunta presenta o Gran Premio de España de Motocross que volverá traer a Lugo aos mellores pilotos do mundo por segundo ano consecutivo

- Anuncio -spot_img
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na presentación do Gran Premio de España, que se disputará no circuíto municipal Jorge Prado de Lugo
  • Diego Calvo gabou a figura do piloto lucense, tetracampión do mundo, ao que desexou un pronto regreso ás pistas e animou ao piloto vigués Rubén Fernández como un dos favoritos para a proba

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na presentación do Campionato do Mundial de Motocross que retorna ao circuíto municipal Jorge Prado de Lugo esta fin de semana.

Nesta nova edición, o Gran Premio de Galicia pasa a ser o Gran Premio de España do mundial de motocross e contará coa  participación de máis de 160 deportistas do máis alto nivel en diferentes categorías. Ademais da oitava cita do Mundial de MXGP, tamén terán lugar as probas da segunda categoría de MX2, da feminina WMX e do campionato europeo EMX250.

Lugo reunirá aos mellores pilotos nun evento que xa acadou un gran éxito en 2024, convertendo á cidade amurallada na “capital do motocross internacional”. O piloto local, Jorge Prado, que acadou o título mundial de MXGP en 2023 e 2024 e foi o gañador na anterior edición da carreira neste circuíto, está en plena recuperación dunha lesión tras comezar a competir no AMA Supercross dos Estados Unidos nesta tempada. Diego Calvo gabou a figura do tetracampión do mundo ao que desexou un pronto regreso ás pistas e animou ao piloto vigués Rubén Fernández que, tras superar outra lesión, está a render a alto nivel nesta tempada e vén de acadar un podio no Gran Premio de Portugal confirmándose como un dos favoritos para a proba lucense.

Diego Calvo destacou a importancia desta cita, que deixou un retorno económico cifrado nos catro millóns de euros, e agradeceu á empresa lucense Last Lap, organizadora da proba, polo seu traballo na organización do Gran Premio de España. O conselleiro engadiu que Galicia ademais de ser berce dos mellores pilotos tamén acolle os mellores eventos de motociclismo, como os “Six Days” de enduro celebrados en Lalín, A Estrada, Silleda, O Irixo e Santiago en 2024 ou a proba do mundial de trial celebrada en Arteixo en 2023.

Publicacións Relacionadas