Home Xunta de Galicia A Xunta programa unha trintena de actividades para celebrar o Día dos...

A Xunta programa unha trintena de actividades para celebrar o Día dos Arquivos

- Anuncio -

Inclúense visitas teatralizadas e xornadas de portas abertas, dúas novas exposicións, obradoiros, conferencias e propostas musicais nos cinco arquivos que xestiona

A Xunta de Galicia programa preto dunha trintena de actividades para todos os públicos para celebrar o Día Internacional dos Arquivos, que se conmemora o venres 9 de xuño, coa intención de achegar o seu traballo á cidadanía. Tanto esta semana como a próxima incluiranse xornadas de portas abertas, visitas guiadas -algunhas delas teatralizadas-, obradoiros, conferencias, actividades musicais e didácticas. As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades poderán poñerse en contacto con cada un dos arquivos-

Arquivo do Reino de Galicia
Así, no Arquivo do Reino de Galicia, na cidade da Coruña, desde o día 8 ao 12 de xuño realizaranse visitas guiadas ás instalacións e poranse a disposición do público novos documentos manuscritos de Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro que forman parte do fondo documental e bibliográfico da Familia Carré Aldao e Carré Alvarellos.

Arquivo Histórico Provincial de Lugo
En Lugo, no Arquivo Histórico Provincial organízase a semana de portas abertas para visitantes desde hoxe ata o 9 de xuño, o que permitirá coñecer os fondos que custodia. Tamén se celebrará unha charla sobre o valor dos aperos como determinantes da propiedade e das ferrerías, impartida por Estefanía Iglesias, profesional que fixo a súa tese sobre as Ferrerías do Mosteiro de Samos. Ademais, pode visitarse a exposición de fotografías de José Luis de Vega dos anos 1970 a 1975.

Arquivos Histórico Provincial de Ourense
En Ourense, durante esta semana celebraranse visitas teatralizadas sobre a orde dos franciscanos e a súa presenza na cidade de Ourense conectando o patrimonio documental que custodia o Arquivo co edificio do convento desa orde que actualmente é a súa sede. Ademais, o día 9 de xuño celebrarase un obradoiro para adultos de caligrafía medieval, a preparación artesanal de tintes e pergameos.

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
No Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra inaugurarase o día 9 de xuño a exposición A arquitectura da auga, que virá acompañada da conferencia da doutora Elvira Lindoso Tato sobre construcións relacionadas coa auga como balnearios, muíños, lavadoiros…

Arquivo de Galicia
Finalmente, no Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura de Galicia, inaugurarase o venres 9 a exposición De comerciantes e banqueiros. Orixes da banca en Galicia, que se achega o fenómeno da actividade bancaria na Comunidade nunha época de profundas transformacións entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX. Empregaranse fondos documentais da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, do Banco Sáenz-Olimpio Pérez e o da Casa de Banco e Comercio Bengoechea, de Ribadeo. Poderá visitarse ata o 15 de outubro e haberá visitas guiadas.

Ademais, celebrará a semana de portas abertas desde o 12 ao 16 de xuño, que inclúe a explicación das funcións realizadas polo centro cun percorrido polas súas instalacións e unha visita guiada ás exposicións abertas.

Relacionadas

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir...

0
― Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor” ―...

A Xunta licita a compra de lámpadas cirúrxicas para o Hospital novo Montecelo de...

0
― Estarán destinadas aos quirófanos asignados aos servizos de Urxencias, Anatomía Patolóxica, Cardioloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, así coma á área de intervencionismo cardiovascular, a Nefroloxía...

O Centro Superior de Hostelería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de...

0
— En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país — É froito da colaboración...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Galicia aposta no Comité Europeo das Rexións por un mecanismo para superar os obstáculos...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE interveu durante o pleno para amosar o apoio galego á creación dunha ferramenta para...

Publicacións Relacionadas