Home Xunta de Galicia A Xunta prograna no Museo do Mar unha mostra de Nicolás Muller...

A Xunta prograna no Museo do Mar unha mostra de Nicolás Muller con fotografías das Rías Baixas

- Anuncio -
  • Trátase dunha recompilación de imaxes das viaxes a Galicia dun dos fotógrafos documentais máis relevantes do século XX
  • Con esta proposta, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove a itinerancia dos proxectos xestados no Gaiás a outros puntos do territorio
  • Os traballos que se exhiben teñen unha fonda conexión coas xentes do mar e dan conta da capacidade do autor para captar momentos da vida cotiá
  • A exposición, comisariada por José Ferrero, abre o 13 de marzo e pode visitarse ata o 18 de maio

O Museo do Mar de Galicia acollerá desde o 13 de marzo ata o 18 de maio a exposición Nicolás Muller en Galicia, unha mostra que recolle unha selección 50 imaxes das 700 fotografías que un dos documentalistas máis relevantes do século XX tomou en terras galegas durante as súas viaxes, moitas delas localizadas nas Rías Baixas. Así, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude segue a apostar polas itinerancias dos seus proxectos expositivos por todo o territorio, como é o caso desta proposta xestada na Cidade da Cultura.

Neste senso, cómpre destacar que esta mostra que se poderá ver en Vigo, e comisariada polo tamén fotógrafo José Ferrero, xorde a raíz da exposición Nicolás Muller. Vento Norte, que puido visitarse no Museo Centro Gaiás entre xullo e novembro do 2023. Deste xeito, esta nova versión nace co fin de continuar achegando a cultura a toda a poboación na liña da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia.

As imaxes que compoñen a exposición teñen un gran valor documental e moitas delas teñen unha profunda conexión coas xentes do mar, dando conta de como o fotógrafo capturou fielmente a realidade das persoas traballadoras da Galicia dos anos 60. De feito, Muller foi quen de captar momentos da vida cotiá como xogos infantís, sorrisos e olladas cómplices, cunha humanidade especial que foxe do espectáculo ata nos seus retratos das clases traballadoras e máis desfavorecidas. No Museo do Mar, ademais, tamén se poderá ver un audiovisual que contextualiza e analiza a súa figura desde unha perspectiva actual.

Sobre Nicolás Muller

Nicolás Muller (Orosháza, Hungría, 1913 – Llanes, Asturias, 2000) é considerado un dos grandes fotógrafos documentais do pasado século. Muller viaxou ao norte da península por un encargo da editorial Clave, que lle pediu a creación de instantáneas para unha serie de libros que debían mostrar unha imaxe moderna de España. O seu obxectivo era romper o illamento do país e, ao mesmo tempo, tornalo atractivo para o turismo e o investimento estranxeiro. Con todo, as fotografías de Muller reflicten unha fonda ollada humanista, poñendo o foco nas xentes traballadoras, as mulleres e os nenos.

Relacionadas

Mais de 1.000 persoas traballadoras de preto de 100 empresas benefícianse das Mmicroformacións apoiadas...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se dá publicidade ás axudas concedidas desta iniciativa para realizar formacións non regradas...

Lete destaca o músculo galegono atletismo da man dos irmáns CHamosa que competirám no...

0
_Subliña o excelente momento do atletismo galego que nos Xogos de París igualou o seu récord histórico con sete representantes O secretario xeral para o...

A Xunta traslada a súa solidariedade á familia de Diego Bello na súa visita...

0
—A directora da oficina da Fundación Galicia Europa na capital comunitaria, Ana Ramos, reuniuse con familiares e o avogado do mozo galego asasinado en...

Turismo de Galicia avanza na internacionalización da oferta coa presenza na Feira ITB Berlín...

0
A Axencia contará cun espazo propio dentro do stand de Turespaña, a través do que chegar aos públicos profesionais visitantes deste evento. Galicia afianza a...

Galicia gaña case 17.000 aficiliacións na comparativa anual e reduce o paro a un...

0
A cifra de desemprego acadada en Galicia en febreiro -120.977- é a máis baixa neste mes desde que hai serie histórica (1996)José González subliñou...

A Xunta e o concello de Ribadavia avanzan en iniciativas para a dinamización comercial...

0
Na xuntanza púxose de relevo a importancia de continuar con medidas como as que desenvolve este municipio co apoio do Goberno galego a prol...

Publicacións Relacionadas