Home Xunta de Galicia A Xunta promove a conciliación a través de actividades deportivas para mási...

A Xunta promove a conciliación a través de actividades deportivas para mási de 8000 menores de ata 16 anos

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentaron o programa de animación sociodeportiva enmarcado no Plan Corresponsables

― A Xunta inviste máis de 2,5 millóns de euros nesta iniciativa a prol do desenvolvemento integral saudable da rapazada

― Haberá máis de 500 actividades en arredor de 150 concellos, que permiten a contratación de 250 persoas monitoras

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentaron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o programa de animación sociodeportiva previsto ao abeiro do Plan Corresponsables. A través da iniciativa, máis de 8.000 menores de ata 16 anos realizarán actividades de conciliación da man de 18 federacións deportivas.

A presentación tivo lugar nun acto no que tamén interveu o presidente da Federación Galega de Balonmán e vicepresidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas, Bruno López. O evento, que contou coa presenza da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, xuntou responsables das distinta federacións que se sumaron ao programa, así como rapazada participante.

Ao abeiro da iniciativa desenvolveranse máis de 500 actividades en arredor de 150 concellos, para o que se habilitarán servizos de coidado profesional que van permitir a contratación de 250 persoas monitoras. O investimento da medida ascende a máis de 2,5 millóns de euros.

As accións de animación executaranse a través dos distintos programas das federacións deportivas que contan cun proxecto no marco do Plan Corresponsales, como son Baloncesto, Balonmán, Bolos, Boxeo, Esgrima, Fútbol, Halterofilia e Hóckey. Figuran tamén Loita, Montañismo, Piragüismo, Salvamento e Socorrismo, Squash, Surf, Taekwondo, Tenis, Triatlon e Péntatlon Moderno e Vela.

Segundo sinalou o vicepresidente segundo, o obxectivo desta iniciativa é fomentar a práctica deportiva entre a poboación máis nova, achegándolle distintas modalidades e favorecendo así a convivencia e o xogo en equipo desde as idades máis temperás.
Diego Calvo agradeceulles á federacións deportivas participantes a súa implicación neste programa de conciliación, co que poden tamén promover a súa actividade e contribuír á xeración de emprego. Para o vicepresidente segundo, o deporte demostra unha vez máis “a súa capacidade de unión e de contribución ao benestar social e, en especial, ao das familias e da rapazada”

O Plan Corresponsables forma parte da colaboración da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes coa Consellería de Promoción do Emprego en Igualdade na área de deportes. Nesta liña, xa en 2019 se asinaron convenios con federacións deportivas galegas para o patrocinio da campaña NON contra a violencia de xénero; en 2020 apoiouse a participación da representación galega olímpica e paralímpica en Tokio; e o pasado ano reforzouse o plan de patrocinio contra a violencia de xénero dos equipos de alta competición femininos.

A favor da conciliación
A conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, pola súa banda, agradeceu a cooperación e o traballo das entidades que están a participar nesta iniciativa, xa que, segundo apuntou, “se converten en axentes colaboradores indispensables na loita pola igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos menores ao cargo, ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación socio deportivas. En palabras de Lorenzana, o camiño cara a igualdade pasa por “redefinir os roles de xénero para liberarnos de estereotipos e prexuízos herdados e avanzar cara unha conciliación familiar máis corresponsable e saudable”.

Ao eido da conciliación e a corresponsabilidade, só a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina este ano 16 millóns de euros, máis do triplo que a anualidade anterior, en programas entre os que destacan, entre outros, o apoio á conciliación de 12.000 familias galegas con bolsas de coidado profesional para menores de 16 anos, en colaboración con concellos, Anpas e entidades de iniciativa social (6,7 millóns); as bolsas de coidado profesional e actividades en bibliotecas, arquivos e museos para menores de 16 anos, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (preto de 350.000 euros); o programa de lecer en albergues e espazos xuvenís para 7.000 familias con menores de 16 anos, en cooperación coa Consellería de Política Social e Xuventude (3 millóns); e as actividades socio deportivas que benefician a máis de 8.000 nenas e nenos galegos (2,5 millóns).

Relacionadas

Lete Lasa presume do nivel do motociclismo galegono Campionato de España de Supermoto no...

0
Valora a importancia de que “días despois do éxito acadado polos pilotos galegos de motocrós Jorge Prado e Rubén Fernández en Indonesia, uns 30...

Valentín García agradece aos recoñecidos cos premios Lois Peña o seu compromiso coa cultura...

0
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega da XXVI edición destes premios ao músico Rodrigo Romaní, a bióloga María Luisa Castro e...

Galicia asina en Bruxelas a Alianza das Rexións do Sector da Automoción a prol...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta semana na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR) —...

Lete destaca “a enteireza mental dos nosos deportistas” que permitiu que o deporte galego...

0
— Lembra os grandes resultados acadados polos deportistas galegos olímpicos e paralímpi-cos en Tokio — Asegura que a Xunta seguirá traballando en prol do deporte...

A Xunta pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes 11,3 millóns...

0
— A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concederá préstamos sen xuros para actuacións de compra e restauración de edificacións de competencia municipal —...

A Xunta convoca un novo Bono Alugueiro Mocidade, que se poderá solicitar por medios...

0
As axudas van dirixidas a facilitar ás persoas de entre 18 e 35 anos o pago da súa vivenda ou habitación habitual en réxime...

Publicacións Relacionadas