Home Xunta de Galicia A Xunta promove a linguaxe inclusiva dentro do seu Campus formativo a...

A Xunta promove a linguaxe inclusiva dentro do seu Campus formativo a prol da igualdade laboral que rolda xa as 6.000 persoas usuarias

- Anuncio -

― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presentou esta tarde en Ourense a xornada ‘A necesidade da linguaxe inclusiva para axudar a construír unha nova sociedade’


― Desde a posta en marcha do Campus formativo en igualdade laboral en 2021, emitíronse case 9.000 certificados de aproveitamento pola participación en cursos e obradoiros sobre igualdade laboral e de prevención e tratamento do acoso no traballo

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presentou esta tarde a xornada A necesidade da linguaxe inclusiva para axudar a construír unha nova sociedade, no marco do Campus formativo en igualdade laboral impulsado pola Xunta que rolda xa as 6.000 persoas usuarias. Desde a posta en marcha da iniciativa formativa en 2021, emitíronse preto de 9.000 certificados de aproveitamento de cursos e obradoiros, supoñendo os rexistrados o pasado 2023 máis do dobre dos contabilizados no primeiro ano de funcionamento.
O secretario xeral destacou a aposta decidida do Goberno galego por unha economía xusta e solidaria na que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades á hora de acceder ao mercado laboral. Nesa liña, englóbanse os cursos e talleres deste Campus, que inciden na igualdade laboral, na prevención e tratamento do acoso por razóns de sexo ou na protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo.
Trátase así dun espazo dixital de teleformación que pretende dotar de ferramentas de calidade -de xeito totalmente gratuíto- a empresas, a persoas formadoras e usuarias, ás que se lles ofrece información, formación e sensibilización para conseguir o reto de pasar da igualdade legal á real.
Linguaxe inclusiva
No caso da xornada de hoxe, que tamén se levou a cabo de xeito presencial, buscábase poñer de relevo a conciencia sobre a importancia de utilizar unha linguaxe inclusiva que non discrimine. Deste xeito, fíxose fincapé en que a lingua pode mudar a sociedade, promovendo a igualdade e o respecto cara a todas as persoas, recoñecendo a diversidade, propiciando a inclusión e combatendo a discriminación.
Nesa liña, tivo lugar un relatorio a cargo de Manuel Vicente Bermúdez, do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que -entre outras cuestións- axudou as persoas asistentes a detectar a linguaxe sexista ofrecendo ferramentas de adaptación para evitala. Tras a súa intervención, houbo unha rolda de consultas para que os participantes puidesen presentar as dúbidas ou casos concretos.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas