Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no Festival Asnot...

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no Festival Asnot de Padrón

- Anuncio -
  • A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun sancosmeiro tradicional da sombreireira holandesa Amber van Thull
  • A reinterpretación do pucho tradicional galego presentada por Marta Estévez, acadou o recoñecemento na categoría Aprendiz
  • O Goberno galego patrocina por primeira vez este festival de divulgación da sombreirería co obxectivo de que se afiance como o evento de referencia para os profesionais da sombreirería e dos complementos de moda de Galicia

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o I Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest, patrocinando pola Xunta. Trátase dunha das principais novidades da edición deste ano do Festival Asnot de Padrón e está dotado con 600 euros. A peza gañadora foi Dancing like the sun (Bailando coma o sol), da sombreireira holandesa Amber van Thull, coa que a autora buscaba reinterpretar un dos nosos sombreiros tradicionais: o sancosmeiro.

A peza gañadora está tecida completamente á man con cinta de palla natural e fíos de poliéster, rematada cunha capa de resiña especial que lle dá rixidez e a impermeabiliza e adornada con penachos de trigo seco.

Co lema Re-visita con mirada presente, o Chapeu Contest pretende convidar a profesionais e afeccionados a reinterpretar un sombreiro vinculado ao traxe tradicional galego – un sancosmeiro, unha monteira ou un pucho – co obxectivo de revalorizar estes sombreiros tradicionais e de traelos á actualidade. Na categoría Aprendiz, distinguiuse o traballo de Marta Estévez que reinterpretou un pucho tradicional galego a través da súa peza Patipucho.

Asnot 24

A Xunta colabora por primeira vez na celebración do Festival Asnot de Padrón, un evento centrado na divulgación do sombreiro a partir da retranca, do humor e do enxeño, co obxectivo de que se afiance como o evento de referencia para os profesionais da sombreirería e dos complementos de moda de Galicia.

Ademais do Premio Chapeu Contest, a Fundación Artesanía de Galicia colabora na organización do II Chapeu Market, un mercado de sombreirería que se celebra hoxe no Paseo do Espolón, en horario de 11,00 a 21,30 h. Neste mercado participan tres profesionais da marca Artesanía de Galicia: os sombreireiros Félix de Martín (Ourense) e Julia Vilariño (Pontedeume), e a cesteira María Isabel Liñares Recimil (Silleda), especializada en labores de palla.

Outra das novidades da edición deste ano, que contou coa colaboración da Xunta, foron as Xornadas Profesionais de Sombreirería. Tradición e contemporaneidade, que se celebraron na Casa Museo Rosalía de Castro, os días 22 e 23 de xullo.

Relacionadas

A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia nun Centro...

0
— O DOG publica o decreto co que a Consellería de Educación impulsa o centro, que suma catro novas titulacións e a contratación de...

Xosé Merelles loa o papel do Fesival Trece Roeis, que dinamiza a oferta turística...

0
O director de Turismo de Galicia visitou os espazos onde se desenvolve a cita que alcanza este ano a súa quinta edición co apoio...

Galicia situouse en xullo como o primeiro destino turístico do norte peninsular e o...

0
Os datos do INE feitos públicos hoxe constatan que a Comunidade galega destacou en volume de noites na totalidade dos establecementos de aloxamento O pasado...

O FICBueu volve contar coa colaboración da Xunta para unha nova edición con 15...

0
O certame de curtas de Bueu é unha das 10 citas cofinanciadas en 2024 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da...

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con...

0
A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denunciasAdemais da loita contra o lume,...

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Publicacións Relacionadas