HomeXunta de GaliciaA Xunta promove a seguridade laboral a través de cursos de formación...

A Xunta promove a seguridade laboral a través de cursos de formación sobre o uso axeitado das escaleiras manuais nos traballos de altura

- Anuncio -spot_img

― As accións formativas do Issga, que xa se están a celebrar nas provincias de Lugo e Ourense, son principalmente de carácter práctico e dirixidas aos alumnos de formación profesional das ramas nas que estes riscos están máis presentes


― A Administración autonómica está a apostar por contornos laborais seguros e con persoal cualificado, colocando a saúde laboral e o coñecemento como eixos básicos da dinamización económica


― O Issga, ademais, organiza desde o luns en Pontevedra un curso sobre técnicas e sistemas de seguridade aplicables a traballos de altura

A Xunta, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, está a organizar nas provincias de Ourense e Lugo cursos de formación, dirixidos principalmente ao alumnado de formación profesional, sobre o uso axeitado das escaleiras manuais nos traballos de altura para previr os riscos laborais e fomentar a seguridade.

En concreto, as accións formativas van dirixidas ás alumnas e alumnos das ramas nas que estes riscos está máis presentes (instalacións de telecomunicación, enerxías renovables, obras de interior, decoración e rehabilitación ou electricidade, entre outras), de xeito que poidan abordar os riscos específicos das actividades que realizarán como futuros profesionais e que lles permitirá anticiparse e reaccionar de xeito preventivo.

O obxectivo deste cursos é a adquisición dos coñecementos fundamentais sobre os riscos e as medidas de seguridade que hai que ter en conta antes e durante o uso da escada e para a súa correcta colocación. A iniciativa realízase no marco do labor formativo que leva a cabo a Xunta para acadar contornas laborais máis seguras e con persoal máis cualificado, colocando a saúde laboral e o coñecemento como eixos básicos da dinamización económica.
As escaleiras de man, segundo consta nas estatísticas do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) é unha das causas dos accidentes laborais nos traballos en altura, motivo polo que o Instituto propuxo a realización de diversas actuacións que axudaran a mellorar as condicións laborais neste tipo de traballos e a reducir o número de accidentes nos que se utiliza este elemento.

As accións teñen unha duración total de seis horas lectivas, cinco das cales son de carácter práctico e contarán cun máximo de 15 alumnos/as por edición. Dentro do programa formativo incluíronse conceptos básicos da seguridade e a prevención de riscos nos traballos en altura, a identificación de equipos de traballo específicos, tipos de equipos de protección individual (EPI) e sistemas de protección contra caídas, instalación de liñas de ancoraxe temporal, utilización de pértega de seguridade, a colocación da escaleira de man ou o rescate de operarios, entre outros contidos.

En total, estanse a levar a cabo trece edicións dos cursos que xa comenzaron e proseguirán ao longo das vindeiras datas: 12 teñen lugar en centros de formación profesional e un celebrarase na Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense na que tamén se ampliará o programa cos traballos en altura en cubertas e planos inclinados. As seguintes datas xa pechadas para os cursos son as seguintes:

Publicacións Relacionadas