Home Xunta de Galicia A Xunta promove cun xogo a vocación emprendedora nas aulas de secundaría...

A Xunta promove cun xogo a vocación emprendedora nas aulas de secundaría e alenta a mocidade a crear novos negocios como unha opción para o emprego

- Anuncio -
  • Esta ferramenta foi desenvolvida pola editorial de xogos de mesa Buscalume, un proxecto empresarial asesorado pola Rede de polos de emprendemento
  • José González destacou que o xogo do emprendemento difunde de maneira amena e accesible valores e aspectos asociados ao proceso emprendedor como a competitividade saudable, a colaboración e habilidades de negociación, entre outros
  • Román Rodríguez pon en valor o impulso desta cultura desde o sistema educativo a través do Plan Eduemprende, con especial fincapé na FP
  • Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno galego a prol do emprendemento como vertebrador do territorio e que desenvolve cunha estratexia global á que este ano destina 32 M€

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitaron hoxe o IES Pontepedriña, onde participaron na demostración realizada ao alumnado de 3º da ESO sobre o xogo de emprendemento realizado co apoio da Xunta para difundir a cultura emprendedora nas aulas de secundaria. Na visita, na que tamén estiveron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, os conselleiros puxeron de relevo a aposta polo talento emprendedor da mocidade e a importancia de retelo e promovelo con iniciativas como esta.

José González explicou que o xogo, que será distribuído por centros educativos de Galicia, foi creado pola editorial de xogos de mesa Buscalume, un proxecto empresarial, expuxo, asesorado pola Rede de polos de emprendemento. Nesta liña, destacou que se trata dunha ferramenta valiosa para o profesorado de secundaria pois busca que o alumnado aprenda a sacar o máximo proveito a ideas que lles poidan xurdir e sexan atractivas para crear proxectos emprendedores.

Para iso, ten como fin a creación dun mapa mental da súa iniciativa de negocio e conta con tres fases. A primeira é a de idea e nela os grupos participantes debaten que tipo de proxecto desenvolver dentro dos sectores que se lle propoñen e implica afondar en tarefas como a análise DAFO. A segunda é a fase de negociación e nela xógase con cartas de recursos e de materiais e os grupos deberán chegar a acordos para intercambialas en función dos intereses do seu proxecto.  A terceira e última fase é a de decisión e nela as rapazas e rapaces deberán completar o mapa mental proposto.

Deste xeito, sinalou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, o xogo difunde de maneira amena valores e habilidades asociados ao proceso emprendedor como a competitividade saudable, a colaboración e habilidades de negociación e de adaptación a imprevistos, cuestións que tamén axudan á mocidade en distintos ámbitos da vida. Ao mesmo tempo, engadiu, o xogo caracterízase pola súa accesibilidade, xa que ten en conta a inclusión de persoas con dificultades visuais.

Pola súa banda, Román Rodríguez puxo en valor as diferentes accións que está a impulsar a Xunta para fomentar a cultura emprendendora desde o sistema educativo a través do Plan Eduemprende, con especial fincapé na FP. Neste sentido explicou que, a través de 13 programas diferentes, os alumnos afondan en cuestións como as habilidades sociais ou a xestión das finanzas, ademais de ter a oportunidade de coñecer de primeira man a experiencia de persoas que iniciaron desde cero o seu negocio. “Con este plan e coa rede de viveiros de empresa, presente xa en 33 centros educativos, buscamos amosar aos estudantes o emprendemento como unha porta aberta ao emprego”, afirmou.

Outras iniciativas a prol do emprendemento

Esta iniciativa, dirixida á poboación máis nova, súmase a outras neste ámbito como  o concurso Eduemprende Idea para promover a realización de proxectos empresariais entre o alumnado de Formación Profesional. Outra acción a prol do talento emprendedor é o proxecto Fixar para atraer nómades dixitais ás zonas rurais e que o Goberno galego reforzará este ano cunha segunda edición no marco da estratexia global de emprendemento á que destina un total de 32 M€ este ano.

Trátase de accións enmarcadas na aposta da Xunta polo emprendemento como vertebrador do territorio e que levou a Galicia a acadar o recoñecemento como Rexión Emprendedora Europea 2025.

Relacionadas

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

López Campos anima a veciñanza de Coristanco a gozar das novas instalacións da Biblioteca Municipal

0
— A Xunta destina, mediante convenio co Concello, 100.000€ para a reforma e ampliación do espazo, a metade do orzamento — O conselleiro de Cultura,...

Ángeles Vázquez anima a concellos e particulares a apostar polo fermosismo coas axudas da...

0
— O Goberno galego destina 2 M€ á nova convocatoria das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, cuxo prazo de solicitude abre o...

Xunta e Coca-Cola lanzan un reto a oito centros de FP para Reducir o consumo de auga na pasteurización de refresco

0
— Participan 36 alumnos e nove profesores, que buscarán alternativas para o proceso de arrefriamento co apoio do Centro Galego da Innovación da FP...

Publicacións Relacionadas