Home A Coruña A Xunta promove en Muxía a cociña autóctona e sostible e...

A Xunta promove en Muxía a cociña autóctona e sostible e os produtos galegos entre peregrinos e turistas

- Anuncio -

— O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou no evento “Écociña no Camiño”, que busca visibilizar prácticas sustentables da hostalería nas rutas xacobeas

— No pasado verán o destino Costa da Morte rexistrou algo máis de 61.000 viaxeiros e 114.000 noites nos establecementos hoteleiros. Con estas cifras esta comarca supera non só os niveis do ano pasado nun 50%, senón tamén os niveis previos á pandemia, cun incremento dun 16% na cifra de viaxeiros e dun 19% no volume de noites

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiu hoxe en Muxía ao evento organizado polo Centro de Hostalería de Galicia dentro da campaña “Écociña no Camiño”, unha iniciativa que busca visibilizar prácticas sustentables da hostalería no Camiño de Santiago e que promove a cociña autóctona e sostible para promocionar a gastronomía propia e os produtos galegos entre peregrinos e turistas.

Trenor explicou que “a través dos restauradores e os blogueiros especializados en gastronomía mostramos o mellor dos produtos de Galicia en diferentes puntos das rutas xacobeas nas que, ademais de degustar produtos da zona elaborados por cociñeiros do lugar, faise un labor pedagóxico sobre as vantaxes da cesta da compra de proximidade e o compromiso coa sustentabilidade”.

O delegado da Xunta destacou que máis dun cento de restaurantes espallados polas diferentes rutas do Camiño están participando nesta campaña impulsada por Turismo de Galicia, unha iniciativa á que se sumaron tamén as prazas de abastos coa súa oferta de produtos de proximidade, a través de diferentes demostracións de cociña que contan coa colaboración de Aceites Abril e Estrella Galicia.

Trenor animou aos restauradores a apostar pola cociña autóctona e polos produtos galegos de temporada porque “o Camiño é o mellor escaparate de Galicia e nel tempos que ofrecer o mellor de nós mesmos”, asegurou. O representante do Goberno autonómico incidiu na importancia que o boca a boca ten na promoción do Camiño, de aí a necesidade de ofrecer ao peregrino unha boa mesa repleta do mellor das terras e dos mares de Galicia para recuperar forzas logo de cubrir cada etapa do Camiño.

A iniciativa coincide coa plena recuperación do Camiño trala pandemia, coa chegada de máis de 140.000 peregrinos no que vai de ano e as boas expectativas que se abren de cara ao 2022, que tamén será Ano Santo e no que continuará o Xacobeo.

En relación coa Costa da Morte o delegado da Xunta apuntou que a cifra anímanos a ser optimistas No pasado verán este destino rexistrou algo máis de 61.000 viaxeiros e 114.000 noites nos establecementos hoteleiros.

Con estas cifras esta comarca supera non só os niveis do ano pasado nun 50%, senón tamén os niveis previos á pandemia, cun incremento dun 16% na cifra de viaxeiros aloxados e dun 19% no volume de noites.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas