HomeO CondadoMondariz BalnearioA Xunta promove o deporte e as actividades ao aire libre co...

A Xunta promove o deporte e as actividades ao aire libre co campamento “Multiaventura” en Mondariz-Balneario

- Anuncio -spot_img

Un total de 60 mozos e mozas de entre 14 e 17 anos están a participar nesta segunda quenda do campamento

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe aos mozos e mozas de entre 14 e 17 anos que desfrutan da segunda quenda do campamento Multiaventura no concello de Mondariz-Balneario. Nesta actividade, que se enmarca dentro da campaña O verán que queres contar do Goberno galego, ofertáronse 300 prazas, repartidas en cinco quendas que teñen lugar durante os meses de xullo e agosto.

Nesta segunda quenda, que comezou o pasado venres 26 de xullo e rematará mañá 2 de agosto, participan un total de 60 mozos e mozas. Durante a experiencia, os participantes realizan actividades como hípica, rutas en bicicleta, sendeirismo, barranquismo, rafting, xogos acuáticos ou piragüismo, entre outras, nunhas amplas instalacións perfectamente equipadas ao redor da natureza.

Cristina Pichel puxo en valor a importancia do deporte e as actividades ao aire libre, así como os aspectos positivos da convivencia e de coñecer xente nova. Tamén destacou a boa acollida que está a ter a nova edición da campaña de verán da Xunta, tanto pola oportunidade de lecer e diversión que supón para os mozos e mozas como por tratarse dun recurso de conciliación fundamental para moitas familias.

Publicacións Relacionadas