Home Xunta de Galicia A Xunta promove o encontro de destacados gaiteiros da Península Ibérica a...

A Xunta promove o encontro de destacados gaiteiros da Península Ibérica a través do acontecemento piperegrinos

- Anuncio -

— Entre os días 23 e 31 de outubro, seis afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Aragón, Asturias, Castela e León e Portugal actuarán en oito vilas galegas

— Piperegrinos é un espazo de difusión e posta en valor de diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios dirixidos a todos os públicos

A Xunta de Galicia, no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, promove o acontecemento Piperegrinos, as gaitas do Camiño, un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal que actuarán en oito vilas galegas entre os días 23 e 31 de outubro en oito vilas da Comunidade galega.

Trátase dun espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.

Piperegrinos, as gaitas do Camiño resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.
Trátase ademais, dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.
Neste sentido, este acontecemento situará a Galicia como punto de referencia do encontro e convivencia das gaitas ibéricas, que potencia a presenza de gaiteiros galegos e foráneos na escena musical do noso país e propicia sinerxías e alianzas para futuras colaboracións artísticas.

Artistas
O programa Piperegrinos incluirá a participación de 6 intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.

Os gaiteiros que intervirán neste acontecemento son: Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de Catauña, acompañado de Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión; Adrián Gil, coa gaita de boto, dese Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín, e Serchio Pardos, guitarra, percusión; José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana, desde Asturias, acompañdo de Richard García, teclado, e Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran; Luis Antonio Pedraza, con gaita sanabresa, desde Castela e León, acompañdo de Carlos Beceiro, guitarra, e Miguel Mateos, tambor sanabrés; Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e Andrés Vilán – caixón-.
Programa
Por outra parte, o programa de actuacións será o seguinte, en horarios de mañá e tarde: 23 de outubro, 12.00 horas, na Praza do Curro de Noia,e 19.00 horas, no auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo; o día 24, ás 12.00 horas na Praza Maior de Ribadavia e ás 18.30 horas, no auditorio Valle Inclán, de Vilanova de Arousa; o día 30 de outubro, ás 12.00 horas na Praza do Concello de Cee e ás 19.00 horas no S.R. A Unión, de Sarria; e o día 31, ás 12.00 horas na Praza García Barbón de Verín e ás º8.30 horas, no auditorio de Torroso, en Mos.

Relacionadas

Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a...

0
Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular No que vai de ano, a comunidade rexistrou máis de 412.000 turistas aloxados,...

Rueda destaca o papel dos empresarios á hora de facer avanzar Galicia e convertela...

0
― Resalta a posta en marcha cunha Oficina de Coordinación Económica para avaliar os grandes proxectos e xestionar os fondos europeos ― Salienta a aposta...

A Xunta impulsa máis de 11 proxectos de embelecemento turístico en 8 concellos do...

0
— Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega — Entre as...

A Xunta impulsa máis de 14 proxectos de embelecemento turístico en 8 concellos do...

0
— Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega — Entre as...

A segunda edición do foro Jacobus Pharm de reflexión para farmacéuticos residentes de Farmacia...

0
O servizo de Farmacia da Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés organiza no Pazo Rial arousán do 18 ao 20 de abril este...

O presidente da Xunta nomea o Goberno Galego

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, asinou hoxe o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que quedará conformado do seguinte xeito. Consellería de...

Publicacións Relacionadas