Home Xunta de Galicia A Xunta propón á Sareb a cesión de solo para a construción...

A Xunta propón á Sareb a cesión de solo para a construción de novas Vivendas de Promoción Pública

- Anuncio -

 Reitera tamén a necesidade de que poña á disposición do Goberno galego máis inmobles na Comunidade para destinalos a alugueiro social


 Demanda aos responsables da sociedade que prorroguen os contratos de alugueiro que teñen actualmente en Galicia, sobre todo, no caso de inquilinos vulnerables

A Xunta de Galicia propón á Sociedad de gestión de activos procedentes de la reestructuración bancaria (Sareb) a posibilidade de ceder parte do solo do que dispón na Comunidade para a construción de novas vivendas de promoción pública.

Así llo trasladou o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, aos representantes desta entidade, cos que mantivo unha reunión hoxe de forma telemática.

Logo de especificar que previamente sería necesario que o IGVS coñecese a localización e condicións das parcelas propiedade da Sareb en Galicia, o director aproveitou tamén a reunión para reiterar a necesidade de que incremente o número de vivendas cedidas ao Goberno galego para destinalas a alugueiro social.

Neste sentido, cómpre lembrar que ambas entidades manteñen desde o ano 2015 un convenio para a cesión á Xunta de inmobles Galicia foi a terceira comunidade que o asinou e no marco do mesmo celebran reunións periódicas para avaliar a súa execución e estudar novas vías de colaboración.

A maiores, Heriberto García tamén incidiu na importancia de que a sociedade manteña e prorrogue os contratos das vivendas que actualmente ten alugadas en Galicia, de maneira especial naqueles casos en que os inquilinos sexan persoas e familias en risco de caer en situacións de vulnerabilidade.

Relacionadas

Diego Calvo pon en valor a importancia do tecido empresarial para atraer investimentos e...

0
— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe nunha xuntanza de traballo co foro empresarial Vicus Gallaecia — Destacou a...

A Xunta reivindica a importancia de avanzar nos retos do desenvolvemento sustentable con motivo...

0
O 25 de setembro conmemórase a implantación da Axenda 2030, iniciativa na que o Goberno galego leva traballando desde o ano 2018 e que...

O SERGAS comezou na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés a vacinación contra...

0
― No transcurso desta primeira xornada de vacinación na comarca, na que se inocularon 189 doses, estiveron presentes responsables de vacinación da Área Sanitaria...

A Xunta valora o compromiso do sector primario co desenvolvemento dunha actividade respectuosa co...

0
Ángeles Vázquez subliña que a sostibilidade é un dos principais retos do sector lácteo A Xunta de Galicia pon en valor o compromiso do sector...

A Xunta convoca 18 cursos de formación continua para persoal da Policía Local con...

0
― O programa formativo impartirase na Academia Galega de Seguridade Pública, con especial atención aos contidos sociais ― As inscricións deben formalizarse a través da...

A Fundación Bofill visita bibliotecas escolares galegas para exportar a Cataluña o modelo de...

0
— Unha expedición desta entidade reuniuse con técnicos da Asesoría de Bibliotecas da Consellería de Educación para coñecer polo miúdo as accións neste ámbito —...

Publicacións Relacionadas