Home Xunta de Galicia A Xunta publica a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria...

A Xunta publica a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

- Anuncio -

― O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a medida, que conta cunha dotación de 550.000 euros para que as ONGD galegas poidan canalizar as axudas ás súas iniciativas

― As solicitudes poderán presentarse desde mañá ata o 17 de febreiro a través da sede electrónica do Goberno galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións anuais para proxectos de acción humanitaria no exterior cunha dotación de 550.000 euros. Esta convocatoria enmárcase no Plan anual 2025 da Cooperación Galega.
Os proxectos que poderán optar a estas subvencións serán aqueles executados no exterior polas ONGD que posúan entre os seus fins a acción humanitaria ou conten con experiencia no desempeño de actuacións neste ámbito. Os proxectos terán unha duración máxima de 12 meses, rematando a súa execución antes do 31 de decembro de 2025 e podendo estar iniciados dende o 1 de xaneiro deste ano. Cada entidade pode presentar un proxecto individual.
A presentación de solicitudes deberá realizarse a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) dende mañá ata o 17 de febreiro.
Enténdese por proxectos de acción humanitaria, consonte á iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD, nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises – provocadas por seres humanos ou por desastres naturais -, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta e a resiliencia para cando se produzan estas situacións.
A acción humanitaria inclúe a protección de vítimas, así como a provisión de auga, comida, saneamento, refuxio, atención sanitaria e outros tipos de asistencia, emprendidos a favor das persoas afectadas, para facilitar o retorno á vida normal e aos seus medios de vida e sustento; tamén incorpora a redución e prevención do risco de desastres.

Relacionadas

A Xunta destaca o incremento de 1M€ nas axudas para as entidades veciñais ata...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo destacou hoxe en Ponteareas que, coa nova convocatoria que hoxe se publica no Diario Oficial...

A Xunta desenvolverá un programa de vixilancia específico sobre a xestión de residuos industriais...

0
Ángeles Vázquez salienta que o 82% das 8.000 inspeccións realizadas no período 2019-2024 estiveron relacionadas co ámbito dos residuosSó o 14% das inspeccións derivaron...

A Xunta felicita ao Instituto IES Plurilingüe Xosé Neiras Vilas de Oleiros por unha década...

0
— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita o centro, o único de Galicia que desenvolve este programa — Destaca os...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

A Xunta reafirma o impulso da economía social como motor socioeconómico, destacando as 230...

0
José González pon en valor a aposta estratéxica do Goberno galego por fortalecer e impulsar a economía social como un motor de crecemento sustentable,...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Publicacións Relacionadas