HomeXunta de GaliciaA Xunta publica a licitación das obras no CAPD da Coruña ás...

A Xunta publica a licitación das obras no CAPD da Coruña ás que destinará preto de 480.00 euros

- Anuncio -spot_img

As obras implicarán a creación dun arquivo do que o centro carecía na actualidade
A Xunta publicou a licitación para a contratación das obras que se van realizar no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña e nas que o Goberno galego investirá preto de 480.000 euros. En concreto, as obras serán para a creación dun arquivo do que o centro carecía na actualidade.
Este procedemento determina os requisitos técnicos que deberán reunir as empresa
interesadas, que deberán presentar a súa solicitude para facerse cargo da obra antes do 19
de xaneiro. Esta actuación implicará a reforma da planta semisótano dun dos edificios do
centro que actualmente está en desuso e na que se crearán un total de sete zonas de
arquivo diferenciadas.
Deste xeito, poderase aproveitar o espazo no que actualmente se gardaban os documentos
de xeito provisional para desenvolver actividades para as persoas usuarias. Este espazo
faise aínda máis necesario logo da actual situación creada pola covid-19 na que é preciso
lugares máis amplos nos que gardar unha maior distancia de seguridade.

Publicacións Relacionadas