Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta publica a orde reguladora da próxima tempada de caza, que...

A Xunta publica a orde reguladora da próxima tempada de caza, que se estenderá con carácter xeral do 20 de outubro deste ano ao 6 de xaneiro de 2025

- Anuncio -

— Serán días hábiles os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico

— No caso do xabaril, o período xeral para exercer a actividade cinexética abranguerá do 17 ao 31 de agosto deste ano e do 7 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2025

O período hábil xeral para exercer a actividade cinexética en Galicia comezará o vindeiro 20 de outubro e estenderase ata o 6 de xaneiro do próximo ano, durante o que se poderá cazar os xoves, domingos e festivos, tanto de carácter estatal como autonómico, con algunhas excepcións.
Así se recolle na resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia pola que se determinan as épocas de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a vindeira tempada 2024-2025.
Para as distintas especies de caza menor, no caso da arcea e agacha, o período xeral irá tamén do 20 de outubro ao 6 de xaneiro do ano que vén —aínda que poderá ampliarse ata o 9 de febreiro en terreos de réxime cinexético especial (RCE) que o soliciten— os xoves, domingos e festivos. Para a lebre, a tempada estenderase do 20 de outubro ao 24 de novembro de 2025, os xoves, domingos e festivos en terreos de RCE.
No que respecta ao paspallás e ao pombo torcaz, a tempada coincidirá co período hábil xeral, a excepción da media veda nos tecores da Antiga Lagoa dos Antela, que discorrerá entre o 24 de agosto e o 15 de setembro, os sábados e domingos.
O período xeral na modalidade de batida para a caza do raposo abranguerá do vindeiro 1 de setembro ata o 19 de outubro e do 7 de xaneiro de 2025 ata o 9 de febreiro, os xoves, sábados, domingos e festivos.
Ademais, no caso das aves, establécese a veda de charrela, avefría, rula turca e común, pato cullerete, gaivota escura, gaivota arxéntea, pomba brava, pomba zura e gralla cereixeira; mentres que outras aves de caza menor se rexerán polo período hábil xeral.
Caza maior: corzo e xabaril
No relativo ás especies de caza maior, os machos adultos de corzo poderán capturarse en terreos en réxime cinexético común entre o 19 de agosto e o 14 de outubro, os sábados en batida/montaría, e todos os días da semana na modalidade de axexo.
En terreos en réxime cinexético especial, o período xeral abranguerá do 17 de agosto ata o 19 de outubro —todos os días da semana na modalidade de axexo e os sábados, domingos e festivos na de batida/montaría—, podendo cazarse tamén en axexo desde o 1 de abril ata o 31 de xullo do próximo ano.
As femias adultas de corzo permanecen vedadas con carácter xeral, permitíndose a súa caza puntual por danos e tamén nos tecores se está tecnicamente xustificada de acordo coa situación real da poboación en cada tecor, podendo escollerse entre dous períodos: do 7 de setembro de 2024 ao 19 de outubro ou do 7 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2025.
Polo que respecta ao xabaril, no réxime cinexético común o período xeral de caza abranguerá do 17 ao 31 de agosto deste ano e do 7 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2025, os xoves, sábados, domingos e festivos; e do 1 de setembro deste ano ao 5 de xaneiro do vindeiro os sábados, nas modalidade de batida, montaría e espera. Así mesmo, no réxime cinexético especial a tempada irá do 17 de agosto ao 23 de febreiro de 2025, os xoves, sábados, domingos e festivos nas modalidades de batida, montaría e espera.
Para o cervo, o gamo e o muflón, en réxime cinexético especial, o período xeral abranguerá do 15 de setembro ao 19 de outubro deste ano na modalidade de axexo todos os días da semana, podendo cazarse en batida/montaría xoves, sábados, domingos e festivos no período comprendido entre o vindeiro 20 de outubro e o 5 de xaneiro.
No caso da cabra montesa, o período hábil establécese en dous tramos en función de que a caza se exerza sobre machos selectivos e femias adultas en descaste ou sobre machos trofeo, autorizándose en ambos casos a modalidade de axexo.
Con respecto ao adestramento de cans e aves de cetraría, en terreos de réxime cinexético común autorízase, sen petición previa, desde o 1 de setembro de 2024 e ata o 6 de xaneiro do ano que vén os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico. En zonas de réxime cinexético especial, agás na superficie vedada dos tecores, autorízase o adestramento destes animais, tamén sen solicitude, entre o 1 de setembro e o 19 de outubro deste ano os xoves, sábados, domingos e festivos, e desde o 20 de outubro ata o 6 de xaneiro de 2025 os xoves, domingos e festivos.
Ademais, cómpre lembrar que, en aras da simplificación administrativa, a Xunta está procedendo a renovar de xeito automático de cara á vindeira tempada as licenzas de cazadores maiores de 65 anos ou que estean a punto de cumprilos, un colectivo para o que estes permisos xa son gratuítos.

Relacionadas

Diego Calvo participa como piloto nun dos tramos da oitava edición do ‘Eco Rallye...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou a importancia deste evento que reuniu a medio cento de pilotos e que pasará ata o...

Diego Calvo asistiu ao acto de apertura do ano xudicial en Galicia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto co director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a delegada territorial da Xunta na...

A Xunta participa na I Edición dos premios Arte&Comunicación que recoñecen o talento e...

0
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na I Edición dos Premios Arte&Comunicaciones onde entregou á firma Seguridade...

A Xunta pon o Centro de Innovación Norvento Enerxía como exemplo de desenvolvemento sostible...

0
Ángeles Vázquez salienta o máximo apoio e impulso da Administración autonómica ás enerxías renovables, á descarbonización e ao emprego verde co obxectivo de garantir...

A Xunta traballa nun marco normativo para que Santiago xestione e implante a súa...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, avanzou esta medida hoxe á alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, no encontro mantido en...

A doutora María Encarnación Lucaaas é a nova directora de Atención Hospitalaria da Área...

0
― O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe, número 182, a orde da Consellería de Sanidade co seu nomeamento ―...

Publicacións Relacionadas