A Xunta publica convocatoria para o ano 2025 das probas para exercer cono xestor de transporte de viaxeiros ou de mercadorías por estrada

adminON
Lectura mínima de 2

― Ábrense catro períodos de inscrición: o primeiro desde o 27 de novembro e ata o 24 de xaneiro de 2025.


― Cómpre lembrar que a Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, esixe reunir o requisito da competencia profesional para exercer a función de transportista por estrada

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para o vindeiro ano das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor en empresas de transporte por estrada, de viaxeiros e de mercadorías.

No ano 2025, as persoas interesadas dispoñerán de ata catro chamamentos para a realización do correspondente exame, un máis que en anos anteriores. Así, ábrense catro períodos de inscrición: o primeiro desde o 27 de novembro e ata o 24 de xaneiro de 2025, o segundo do 25 de xaneiro ao 21 de abril, o terceiro desde o 22 de abril ao 15 de xullo e o cuarto desde o 16 de xullo ata o 24 de outubro.

Prevese que os exames se leven a cabo entre o 24 de febreiro e o 4 de abril, o 26 de maio e o 4 de xullo, o 1 de setembro e o 4 de outubro e entre o 17 de novembro e o 19 de decembro, convocándose previamente aos inscritos.

Os exames constan de dúas probas, unha teórica de 200 preguntas tipo test e outra práctica con catro supostos prácticos tipo test, de dúas horas de duración cada unha, e que se realizarán de xeito continuado, unha seguida da outra. As probas realízanse en ordenador e o cuestionario é individualizado para cada aspirante.

Cómpre lembrar que a Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, esixe reunir o requisito da competencia profesional para exercer a función de transportista por estrada.

Comparte este artigo