HomeXunta de GaliciaA Xunta publica o contrato de redacción do proxecto de interese autonómico...

A Xunta publica o contrato de redacción do proxecto de interese autonómico do futuro CAR de Galicia

- Anuncio -spot_img
  • O contrato ten un valor de máis de 152.000 euros e un prazo inicial de duración de 16 meses
  • Grazas a esta infraestrutura que se creará en Pontevedra poderanse aumentar as instalacións e servizos do actual Centro Galego de Tecnificación Deportiva

A Xunta vén de publicar na plataforma de contratación pública de Galicia o contrato de servizos de redacción do proxecto de interese autonómico (PIA),  así como  a redacción do proxecto de parcelamento para a obtención do solo destinado á construción do futuro Centro de Alto Rendemento (CAR) de Galicia en Cernadiñas Novas, no concello de Pontevedra. O prazo para a presentación de ofertas está aberto ata o 2 de xaneiro.

Segundo as especificacións publicadas, o contrato ten un prazo inicial de duración de 16 meses e un valor de máis de 152.000 euros. O procedemento de adxudicación é o aberto, con aplicación dunha pluralidade de criterios de adxudicación, por ser o que mellor garante os principios de igualdade e transparencia e o que facilita a libre concorrencia das licitadoras, así como a consecución das mellores condicións contractuais para a Administración.

Logo da declaración de interese autonómico do proxecto polo Consello da Xunta o pasado marzo, con esta publicación dáse un paso máis no obxectivo final de que Galicia conte cun Centro de Alto Rendemento Deportivo. Grazas a este CAR poderanse aumentar as instalacións e servizos do actual Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), co obxectivo de incrementar o número de prazas que esixe o deporte galego de alto nivel, que crece ano tras ano. Búscase tamén darlle cabida a modalidades deportivas novas e mellores infraestruturas ás existentes, dotando a Galicia dun centro de referencia para o deporte de alta competición.

Esta ampliación levarase a cabo nuns terreos de máis de 120.000 metros cadrados na parroquia de San Andrés de Xeve, coñecidos como Cernadiñas Novas, no concello de Pontevedra, situados a tan só sete quilómetros de distancia do actual CGTD.

Publicacións Relacionadas