Home Pontevedra O Salnés A Xunta reafirma en Sanxenxo o seu apoio a Federación de Mulleres...

A Xunta reafirma en Sanxenxo o seu apoio a Federación de Mulleres de Pontevedra e aposta polo asociacionismo para avanzar cara a igualdade

- Anuncio -

― A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, interveu hoxe na entrega dos Premios Mulleres Femupo, un colectivo que o Goberno galego apoiou en 2020 e 2021 con 35.000 euros a través dun convenio de colaboración para loitar contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe en Sanxenxo o apoio da Xunta ao movemento asociativo de mulleres no acto de entrega dos Premios Mulleres Femupo, da Federación pola igualdade das mulleres da provincia de Pontevedra.

Na súa intervención, gabou o traballo que desenvolve Femupo para avanzar cara a igualdade de oportunidades “real e efectiva” entre mulleres e homes e sinalou o apoio da Administración autonómica a este movemento con 35.000 euros entre 2020 e 2021 a través dun convenio de colaboración para o desenvolvemento de actuacións de concienciación e sensibilización sobre a violencia de xénero incluídas no Proxecto Mulleres en Construción. Trátase dunha iniciativa que realiza Femupo e que se centra en analizar e atopar solucións para rematar coa violencia de xénero en todos os ámbitos da provincia de Pontevedra a través de accións de visibilización, formación e sensibilización, así como actividades de liderazgo feminino.

López Abella afirmou que o asociacionismo feminino é unha estratexia para avanzar na construción da igualdade entre mulleres e homes, polo que apostou por dinamizalo en espazos diversos de participación cidadá e órganos de consulta das administracións públicas. A secretaria xeral da Igualdade indicou tamén a necesidade de impulsar a difusión das achegas do movemento feminista ao avance nos dereitos das mulleres e ao progreso social e proseguir na senda da posta en valor do papel das mulleres en todos os ámbitos. Así mesmo, precisou a importancia de afondar no labor de impulso do acceso das mulleres ás esferas de decisión e o fomento do seu liderado, promovendo unha maior presenza en cargos políticos e nos eidos académico, de investigación ou laboral.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

Publicacións Relacionadas