HomeXunta de GaliciaA Xunta reafirma o seu compromiso coa atención ás persoas maiores galegas...

A Xunta reafirma o seu compromiso coa atención ás persoas maiores galegas no Brasil

- Anuncio -spot_img
  • Alí trasladou a disposición do Goberno galego a seguir colaborando coa entidade para fortalecer os servizos do centro de día ante o incremento das necesidades asistenciais

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, onde reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia de continuar reforzando o seu apoio á entidade no proceso de ampliación dos seus servizos e no incremento das persoas usuarias atendidas no seu centro de día.

Durante a visita, Miranda coñeceu de primeira man o labor socioasistencial que desenvolve esta institución, unha entidade sen ánimo de lucro que, desde 1983, presta atención integral a persoas maiores e dependentes da colectividade galega na cidade brasileira. O centro ofrece servizos preventivos, sanitarios e asistenciais orientados a garantir unha atención digna e unha lonxevidade saudable ás persoas usuarias.

O secretario xeral puxo en valor que a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro é actualmente a única entidade en São Paulo que presta este tipo de atención específica á comunidade galega, converténdose nun recurso esencial para moitas familias que atravesan situacións de vulnerabilidade socioeconómica.

Na reunión coa directiva, abordouse a evolución das necesidades asistenciais da colectividade galega na cidade e analizouse o proceso de fortalecer dos servizos do centro, co obxectivo de dar resposta a unha demanda crecente de apoio social. Miranda trasladou a disposición da Xunta de seguir colaborando coa entidade para garantir a continuidade e fortalecemento deste servizo esencial.

“O apoio social aos galegos do exterior, especialmente ás persoas maiores e ás máis vulnerables, é unha prioridade da Xunta de Galicia”, sinalou Miranda, quen destacou que estas colaboracións permiten ofrecer unha atención próxima, especializada e adaptada á realidade da diáspora.

Esta visita enmárcase na axenda institucional desenvolvida polo secretario xeral en Brasil, centrada en reforzar a rede de apoio social á colectividade galega e consolidar o compromiso do Goberno galego co benestar dos  galegos residentes no exterior.

Publicacións Relacionadas