A Xunta reafirma o seu compromiso coa Fundación Igualarte na integración das persoas con discapacidade no eido artístico

adminON
Lectura mínima de 1

A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou a Fundación Igualarte para ver a evolución dos proxectos que levan a cabo coa colaboración da Xunta

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reivindicou durante a súa visita á Fundación Igualarte o papel a prol da integración que realizan dende a entidade para integrar as persoas con discapacidade. Alí puido ver como traballan e seguir a evolución dos novos proxectos postos en marcha grazas á colaboración da Xunta de Galicia.

Begoña Abeijón louvou o traballo que fan dende a Fundación e salientou o valor social desta entidade que recoñece as habilidades das persoas con discapacidade e como axuda – explicou- a por en valor a súa creatividade. Igualarte traballa as disciplinas artísticas cos usuarios a través dun centro ocupacional, outro de día e unha escola artística.

A Xunta colabora coa Fundación a través de varias axudas con cargo ao 7% do IRPF, así como no financiamento de prazas. En concreto, este ano dende o Executivo galego subvencionáronse 5 novas prazas públicas no centro de día que se suman ás 19 que xa financia a Xunta no centro ocupacional.

Comparte este artigo