HomeXunta de GaliciaA Xunta reafirma o seu compromiso na loita contra o narcotráfico no...

A Xunta reafirma o seu compromiso na loita contra o narcotráfico no mrco dun congreso celebrado na Academia Galega de Seguridade Viaria

- Anuncio -spot_img
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participa na inauguración do encontro, impulsado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico co apoio do Goberno galego
  • Diego Calvo salienta a colaboración para optimizar a xestión dos bens decomisados ao narcotráfico e delitos conexos así como na organización de actividades formativas e divulgativas para a sensibilización social

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na inauguración do II Congreso de lexislación antinarcotráfico, impulsado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico co apoio da Xunta e que se desenvolve na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Na súa intervención, o conselleiro reafirmou o compromiso do Goberno galego na loita contra unha “actividade delictiva que atenta contra a seguridade, o benestar social e a saúde pública”.

Neta liña, referiuse á colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico para implantar fórmulas que optimicen a xestión dos bens decomisados ao narcotráfico e delitos conexos, coa participación tamén do Colexio de Procuradores da Coruña e de profesionais xudiciais e dos corpos e forzas de seguridade.

Diego Calvo apuntou tamén ao apoio da Xunta a actividades formativas e divulgativas que contribúan á sensibilización social ante a problemática do narcotráfico, como o congreso inaugurado hoxe. Así, incidiu na importancia deste foro, que permite “abordar temas de máximo interese desde diferentes puntos de vista e de xeito multidisciplinar” así como adquirir coñecementos e “propoñer avances para que a lexislación evolucione e dea a mellor resposta a unha problemática globalizada”.

O conselleiro puxo en valor o labor realizado polos profesionais implicados na loita contra “unha lacra que esixe dedicación constante, valentía e non baixar nunca a garda”. Ademais, enxalzou a Academia Galega de Seguridade Pública como espazo para a formación e o intercambio de coñecementos e experiencias dos profesionais relacionados coa seguridade e as emerxencias, ao ser o centro de referencia en Galicia para a preparación destes efectivos.

Accións no ámbito autonómico

O congreso, que se prolonga ata mañá, conta con intervencións de expertos legais, profesionais do eido da Administración de Xustiza e membros dos corpos e forzas de seguridade, entre outros. O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, intervén na xornada de hoxe par abordar a loita contra o narcotráfico desde o ámbito autonómico, na que exporá as distintas actuacións impulsadas polo Goberno galego, pese a non ter competencias especificas na materia. Entre elas sinala o reforzo do persoal en tribunais con macrocausas, a colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico e diversas medidas enmarcadas na aplicación da nova Lei de eficiencia do servizo de Xustiza, entre outras.

Publicacións Relacionadas