HomeA CoruñaA Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do...

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do Río Quenxe, ao seu paso polo concello da Laracha

- Anuncio -spot_img

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo nun tramo deste río no seu percorrido pola parroquia de Torás
Os traballos céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída
O obxectivo é a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do
ecosistema dos ríos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treito interurbano do río Quenxe, ao seu paso polo municipio da Laracha.
Os traballos que Augas de Galicia está a executar coinciden cun tramo deste río, no seu
percorrido pola parroquia de Torás.
As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle, e na roza
puntual. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza,
posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito
territorial Galicia-norte e as súas zonas de acceso e protección.
Este tipo de traballos permite a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Publicacións Relacionadas