HomeLugoA Mariña OrientalA Xunta realiza labores de conservación en varios regos do concello de...

A Xunta realiza labores de conservación en varios regos do concello de Ribadeo que suman máis de 12 KM

- Anuncio -spot_img

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante cinco semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar esta semana actuacións de conservación e mantemento en sete tramos de regos no concello de Ribadeo, que suman máis de 12,6 quilómetros.

As tarefas, que se desenvolverán en vaias parroquias deses municipios, consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos, así como rozas puntuais e selectivas de acceso á canle.

En concreto actuarase nun tramo de preto de 2,6 quilómetros do rego de Vilaselán ao seu paso polas parroquias de Piñeira, Ove e Vilaselán; nun de arredor de 2,3 quilómetros no rego dos Tacos -parroquia de Piñeira-; noutro de 1,4 quilómetros no rego de San Xulián, nas parroquias de Rinlo e Vilaframil, e dun cuarto, de máis de 1,3 quilómetros, no rego Cabalar ao seu paso polas parroquias da Devesa e Vilaframil.

Os tres tramos restantes están todos na parroquia da Devesa. O primeiro, en algo máis dun quilómetro, nun rego innominado; o segundo no rego da Rochela actuando en preto de 1,9 quilómetros e o terceiro no rego do Vilar, para algo máis de 2 quilómetros.

Os traballos, que xa foron comunicados ao concello, prolongaranse durante unhas cinco semanas e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras así como co apoio doutra maquinaria de maiores dimensións, como un tractor e unha carretilla de carga.

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, este tramo fluvial quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento de zonas catalogadas como de alto risco potencial significativo de inundación.

O fin último dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Publicacións Relacionadas