HomeXunta de GaliciaA Xunta realiza marte e mércores probas de funcionamento das sireas de...

A Xunta realiza marte e mércores probas de funcionamento das sireas de aviso á poboación de 41 presas galegas

- Anuncio -spot_img
  • A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura
  • O Goberno galego reforza con este exercicio a súa aposta pola prevención ante calquera emerxencia

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia.

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

*Xúntase calendario das probas

NATURGY

DATAHORA INICIOPRESACONCELLOS 1/2 HORA
17/06/202509,00BELESARChantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón
17/06/202509,00OS PEARESCarballedo, Pantón, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, O Pereiro de Aguiar e Coles
17/06/202510,30CASTRELORibadavia, Castrelo de Miño, Arnoia e Melón
17/06/202510,30ALBARELLOSBoborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle
17/06/202512,30PORTODEMOUROSVila de Cruces e Arzúa
17/06/202512,30FRIEIRACrecente
17/06/202513,00BRANDARIZTouro e Vila de Cruces
17/06/202513,00VELLEOurense
17/06/202515,00SALASMuíños e Lobios
17/06/202515,30AS CONCHASMuíños, Lobios e Entrimo
17/06/202516,30VILAGUDÍNTordoia
17/06/202517,00SAN COSMADECerceda e Ordes

IBERDROLA                      

DATAHORA INICIOPRESACONCELLOS ½ hora
18/06/202510,00CHANDREXAChandrexa de Queixa
18/06/202510,05GUÍSTOLASA Pobra de Trives e Ribas de Sil
18/06/202510,15SANTOALLAO Bolo, Petín e Ribas de Sil
18/06/202510,30SANTO ESTEVOPantón e Sober
18/06/202510,40SAN PEDROPantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Coles e O Pereiro de Aguiar
18/06/202511,00SAN MARTIÑOQuiroga e Ribas de Sil
18/06/202511,15MONTEFURADOQuiroga, Ribas do Sil, A Rúa e Petín
18/06/202511,30SEQUEIROSQuiroga e Ribas do Sil
18/06/202511,45CASOIOCarballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras
18/06/202512,00PUMARESCarballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras
18/06/202512,15CENZAViana do Bolo e Vilariño de Conso
18/06/202512,30AS PORTASViana do Bolo e Vilariño de Conso
18/06/202512,45O BAOManzaneda, O Bolo, Petín e Ribas de Sil

ENDESA

DATAHORA INICIOPRESACONCELLOS ½ hora
18/06/202509,00PRADAA Veiga e O Bolo
18/06/202509,30SAN SEBASTIÁNViana do Bolo e Vilariño de Conso
18/06/202510,00EIRÓSRubiá
18/06/202510,00PEÑARRUBIARubiá
18/06/202511,00RIBEIRAAs Pontes de García Rodríguez
18/06/202511,30EUMEPontedeume, Ares, Cabanas e Fene

XEAL

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
17/06/202510,00FERVENZADumbría e Mazaricos
17/06/202512,00SANTA UXIACarnota, Dumbría e Mazaricos

EMALCSA

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
17/06/202512,00CECEBRECambre e Culleredo

PHG

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
18/06/202510,00TOUROVila de Cruces, Touro e Silleda

ALUMINA

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
17/06/202510,00BALSA DE LODOS VERMELLOSXove
17/06/202511,30RIOCOBO E DIQUECervo

AUGAS DE GALICIA

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
17/06/202510,00BAÍÑABaiona
17/06/202511,00EIRASSoutomaior, Ponte Caldelas e Pontevedra
17/06/202517,00CALDASCaldas de Reis e Portas
18/06/202516,00O CONVilagarcía de Arousa

ADELANTA

DATAHORA INICIOPEPCONCELLOS ½ hora
18/06/202517,00DEVAPontedeva, Padrenda e Quintela de Leirado

Publicacións Relacionadas