HomePontevedraBarroA Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos...

A Xunta realiza traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Barosa e Maquieira ao seu paso polos concellos de Barro e de Portas

- Anuncio -spot_img

― Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de máis de 3,7 km


― Os traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións


― As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle


― A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza en dous treitos interurbanos do río Barosa e no río Maquieira, ao seu paso polos concellos de Barro e de Portas.

Estes traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial significativo de inundacións.

Os treitos nos que se están levando a cabo estas tarefas suman unha lonxitude de máis de 3,7 km. As intervencións céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-sur e nas súas zonas de acceso e protección.

A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Publicacións Relacionadas