Home A Coruña A Xunta realizou melloras no Centro de Saúde de Rianxo cun investimento...

A Xunta realizou melloras no Centro de Saúde de Rianxo cun investimento de máis de 45.000 euros

- Anuncio -

― O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado das obras de mellora da climatización e de reforma dos patios interiores, entre outras actuacións

― O obxectivo destas achegas é mellorar a calidade asistencial do centro de saúde e facilitar o seu uso por parte dos veciños

― A poboación de Rianxo conta con cobertura de Hospitalización a Domicilio desde o pasado mes de febreiro


― Na Área Sanitaria de Santiago leváronse a cabo obras de mellora en numerosos centros de saúde da provincia de A Coruña, como Boiro, Brión, Dodro, Mesía, Outes, Rianxo, Tordoia, Val do Dubra e en Santiago de Compostela en Concepción Arenal, Vite e Fontiñas por un importe de máis de 422.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e Eloína Núñez xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, supervisaron as obras de reforma realizadas no Centro de Saúde de Rianxo que contan cun investimento de máis de 45.000 euros. Así mesmo, mantiveron un encontro cos profesionais do centro de Saúde con motivo da recente posta en marcha da cobertura de Hospitalización a Domicilio para a poboación de Rianxo.

En canto ás obras, instalouse un novo sistema de climatización para minimizar o consumo
enerxético e controlando o confort de cada zona, substituíuse o peche frontal da sala de
caldeiras, reparáronse os patios interiores e renováronse os estores, ademais da
colocación dun rótulo exterior identificativo do centro de saúde. Tamén se inclúe a división
da zona de arquivo para crear dúas novas consultas.

O representante do Goberno galego puxo en valor este apoio económico da Xunta para
mellorar a calidade asistencial do centro de saúde e para facilitar o seu uso por parte dos
veciños e destacou o esforzo inversor por parte do Goberno galego para acondicionar o
edificio municipal no que se presta o servizo sanitario aos veciños de Rianxo.

Trenor apuntou tamén que na área sanitaria de Santiago o pasado ano realizáronse obras
de mellora nos centros de saúde coruñeses de Boiro, Brión, Dodro, Mesía, Outes, Rianxo,
Tordoia, Val do Dubra e en Santiago de Compostela en Vite, Fontiñas e Concepción
Arenal (86.785 €) por un importe de máis de 422.000. Máis concretamente, na zona do
Barbanza as actuacións de mellora realizáronse nos centros de saúde de Boiro, Outes e
Rianxo e supuxeron un investimento de máis de 118.713 euros.
Hospitalización a Domicilio en Rianxo

A unidade de Hospitalización a Domicilio da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e
Barbanza ven de ampliar a súa capacidade asistencial grazas ao incremento de persoal e
a cambios organizativos. Así, coa incorporación de 3 profesionais (1 médico e 2
enfermeiras) desde finais do mes de febreiro a unidade de Hospitalización a Domicilio
comezará a inclusión dos posibles candidatos a beneficiarse desta asistencia no concello
de Rianxo.

As unidades de hospitalización a domicilio son unha opción asistencial que oferta aos
pacientes uns coidados e servizos de calidade técnica semellante aos recibidos no propio
hospital pero que teñen un matiz diferente ao prestar a atención sanitaria na propia
contorna familiar.

É unha alternativa á hospitalización convencional que asiste no seu domicilio a pacientes
con patoloxía aguda estable, pacientes crónicos reagudizados e a pacientes en situación
paliativa avanzada e complexa que poden ser asistidos no seu domicilio. Deste xeito, os
pacientes reciben os coidados na súa casa pero con supervisión de tipo hospitalario.

hospitalización a domicilio persegue básicamente dous obxectivos: por unha banda,
culminar o proceso de enfermidade do paciente no seu fogar, para o que se adianta a súa
saída do hospital cando é posible, e, por outro, evitar estancias hospitalarias innecesarias,
incrementando a capacidade de prestación de servizos do hospital.

Proporcionar coidados médicos e de enfermería a domicilio, mediante unha mellor
integración entre paciente – familia – persoal sanitario, facilitar a continuidade asistencial
entre Atención Primaria e hospital, mellorar a oferta de servizos e os índices de calidade,
aumentar a adhesión e cumprimento dos tratamentos están entre as súas principais
vantaxes.

A derivación de pacientes pódese facer desde os diferentes servizos hospitalarios ou
desde Atención Primaria. A valoración de pacientes susceptibles de ingreso realizarase, a
través de interconsulta, desde calquera servizo e serán os facultativos de HADO os
encargados de valorar o cumprimento dos criterios de ingreso, que ademais do criterio
clínico ten que figurar a aceptación do paciente e/ou a súa familia, contar cun informe
sociofamiliar positivo e que haxa dispoñibilidade dun coidador para colaborar nos coidados
do paciente.

Renovación de infraestruturas de Atención Primaria
Trenor lembrou que nos orzamentos da Xunta de 2022 prevese a reserva de 2,4 millóns de
euros do Fondo de Cooperación Local aos concellos de menos de cincuenta mil habitantes
que teñen que asumir os gastos de funcionamento dos centros de saúde da súa titularidade. Polo tanto, a Xunta colabora cos concellos no mantemento habitual destes
centros e colabora tamén cando, como neste caso, hai que facer reformas importantes.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas