Home Pontevedra O Salnés A Xunta recibe 17 ofertas para executar as obras de mellora do...

A Xunta recibe 17 ofertas para executar as obras de mellora do bombeo e o colector de Cabanelas, en Cambados e Ribadumia, cun investimento de máis de 1 M€

- Anuncio -

― O Goberno galego prevé comezar estes traballos no 1º semestre de 2023 e rematalos nese mesmo ano


― O obxectivo é solucionar as deficiencias da estación de bombeo de Cabanelas co fin de rematar cos problemas de alivio e vertidos ao río Umia que acaban na ría de Arousa


― A actuación é unha das 4 previstas pola Xunta para rematar este ano cun novo impulso ao saneamento da ría de Arousa ao mobilizar un orzamento global de máis de 18 M€


― A Xunta licitou a mellora do saneamento de Cambados, por 1,7 M€; adxudicou a renovación do saneamento de Vilagarcía de Arousa, cun orzamento 10 M€; e prevé comezar este outono a mellora da depuradora de Tragove, coa achega de 5,3 M€


― Todas estas intervencións están enmarcadas no Plan de saneamento local da ría de Arousa, que está executado xa por riba do 80%

A Xunta vén de recibir 17 ofertas para executar as obras de mellora do sistema de bombeo e o colector de Cabanelas, nos concellos de Cambados e Ribadumia, que suporán un investimento de máis de 1 millón de euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé comezar os traballos no 1º semestre de 2023 e rematalos tamén o vindeiro ano, xa que teñen un prazo de 6 meses.

O obxectivo desta obra é solucionar as actuais deficiencias da estación de bombeo de augas residuais de Cabanelas co fin de rematar cos frecuentes problemas de alivio e vertidos ao río Umia que acaban na ría de Arousa.

Para isto, o proxecto recolle a modificación do trazado da impulsión dese bombeo para que verta directamente á depuradora de Ribadumia, sen pasar polo bombeo de Barrantes, como fai na actualidade. Ao mesmo tempo, acometeranse reformas nesas dúas estacións de bombeo para reducir as infiltracións de augas limpas aos colectores.

Impulso ao saneamento da ría de Arousa
Esta actuación é unha das catro previstas pola Xunta para rematar este ano cun novo impulso ao saneamento da ría de Arousa ao mobilizar un orzamento global de máis de 18 millóns de euros.

No marco destes proxectos, o Goberno galego licitou as obras de mellora do saneamento municipal de Cambados, que suporán un investimento autonómico de máis de 1,7 millóns de euros.

Tamén se adxudicaron xa as obras de renovación do sistema de saneamento de Vilagarcía de Arousa, cun orzamento de preto de 10 M€.

Ademais este outono comezará a mellora da depuradora de Tragove para duplicar a capacidade de tratamento das augas residuais de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa, cun investimento de 5,3 M€.

O Executivo autonómico tamén ten orzamento consignado e vontade de investir máis de 4 M€ na mellora do saneamento de Vilanova de Arousa, pero a Dirección Xeral da Costa e do Mar do ministerio ten bloqueado este proxecto imprescindible para mellorar as augas da ría e acabar co problema de vertidos.

Todas estas actuacións serán cofinanciadas con fondos europeos do programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Cómpre lembrar que todas estas intervencións están enmarcadas no Plan de saneamento local da ría de Arousa, que está executado xa por riba do 80%, ao permitir coñecer en profundidade os sistemas de saneamento municipais e as súas necesidades e programar os proxectos precisos.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

Publicacións Relacionadas