HomeXunta de GaliciaA Xunta recoñece a excelencia de 20 alumnos cos premios extraordinarios de...

A Xunta recoñece a excelencia de 20 alumnos cos premios extraordinarios de bacharelato 2021/2022

- Anuncio -spot_img

— Para optar ao premio debían contar cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75 puntos e superar unha proba presencial específica

— Cada un deles recibe un galardón económico de 1.000€ e un diploma acreditativo

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 20 alumnos que cursaron 2º curso de Bacharelato no curso 2021/22 cos premios extraordinarios. O obxectivo deste galardón é valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo dos estudantes que remataron esta etapa educativa cun sobresaínte resultado académico.

Para optar ao premio, convocado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, os rapaces debían contar cunha nota media no Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos. Así mesmo, os candidatos tiveron que superar unha proba presencial estruturada en dúas partes.

A primeira dela centrouse na análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, así como na resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira lingua estranxeira II cursada. A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia, a escoller entre Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Latín II e Fundamentos da arte II.

Cada un dos galardoados recibe un premio económico de 1.000€ e un diploma acreditativo. Ademais, a distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

A relación de persoas premiadas é a que se detalla no seguinte cadro:

ConcelloCentro educativoPersoa premiada
A CoruñaCPR Plurilingüe Compañía de MaríaDuckworth Juárez, Marta
A CoruñaIES Plurilingüe AdormiderasOtero Lema, Brais
A CoruñaCPR Plurilingüe Liceo La PazParada Burés, Diego
A CoruñaCPR Plurilingüe PeñarredondaPin Yeste, Alberto
CeeIES Agra de RaícesPérez Soto, Mateo
NegreiraIES Xulián MagariñosCasas Neo, Mencía
Santiago de CompostelaIES Arcebispo Xelmírez IAsegurado Mougán, Daniel
Santiago de CompostelaCPR Manuel PeleteiroAyaso Torres, Carlos
Santiago de CompostelaCPR Manuel PeleteiroPereira Angueira, Tomás
Santiago de CompostelaCPR Manuel PeleteiroSanmartín Goyanes, Alexandre
Santiago de CompostelaCPR Plurilingüe La SallePérez Moreta, María
Santiago de CompostelaIES Antonio Fraguas FraguasSanjurjo Carballeira, Erea
TeoIES de CacheirasMontoto Pintos, Eva
BurelaIES Monte CasteloGeada Bernal, Alba
LugoIES Lucus AugustiCastro Díaz, Antía
OurenseIES As LagoasGallardo Quevedo, María
VigoCPR Plurilingüe Rosalía de CastroDomínguez Fernández, Nicolás
VigoIES do CastroMartínez Cabeza, Sabela
VigoIES do CastroVillamarín Puentes, Manuela
Vilagarcía de ArousaIES Castro AlobreSenín Sánchez, Clara

Publicacións Relacionadas