A Xunta recoñece os 45 mellores proxectos de innovación na FP con 1 M€

adminON
Lectura mínima de 6
  • As propostas abranguen desde melloras tecnolóxicas ou científicas vinculadas a procesos produtivos reais ata o deseño de recursos didácticos ou orientación laboral
  • As especialidades máis presentes son as de Transporte e mantemento de vehículos, Madeira, Electricidade e Hostalaría e Turismo

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP premia os mellores proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional cun investimento global de un millón de euros. Estes galardóns teñen como finalidade impulsar a calidade, a excelencia e a conexión co tecido produtivo, promovendo o traballo colaborativo entre centros educativos, empresas e outras entidades.

Na edición deste ano foron recoñecidas 45 iniciativas, nas que participan 30 centros como coordinadores, ademais doutros 45 centros colaboradores e 76 entidades asociadas. As propostas abarcan desde o deseño de materiais e recursos didácticos ata melloras tecnolóxicas ou científicas vinculadas a procesos produtivos reais. Tamén se inclúen actuacións para a orientación profesional do alumnado co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral e combater o abandono escolar. As especialidades máis presentes nos proxectos premiados son as de Transporte e mantemento de vehículos, Madeira, moble e cortiza, Electricidade e electrónica, e Hostalería e turismo.

A iniciativa enmárcase na Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030, que aposta pola innovación, a dixitalización e o emprendemento como eixes para transformar o modelo educativo da FP. Esta estratexia promove unha FP conectada coa realidade das empresas e adaptada aos cambios do mercado laboral, reforzando a colaboración público-privada como garantía de calidade.

MODALIDADE A

Provincia da Coruña:

    Localidade   42881092 76a4 471b ba05 72f8c2f3ad1d
  Provincia da Coruña
CIFP Ferrolterra Ferrol AbeiroTec
CIFP Ferrolterra Ferrol SCOUT Mobile
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro Ferrol XesRes: Xestión de reservas en espazos compartidos
IES de Melide Melide Patróns e modelos por corte láser e impresión 3D
CIFP Politécnico de Santiago Santiago Diagnose avanzada do automóbil por termografía
IES Lamas de Abade Santiago Deseño, elaboración e personalización de protectores bucais e dispositivos portátiles de desinfección
CIFP Fraga do Eume Pontedeume Acuaponia Drink
IES de Arzúa Arzúa Innovación e transferencia tecnolóxica/científica dos métodos de extracción de resina en Galicia
  Provincia de Lugo:
CIFP Politécnico de Lugo Lugo brAInbot: Robot Colaborativo para Xogos de Estratexia con Intelixencia Artificial
CIFP Politécnico de Lugo Lugo Cestaría e moble: Unindo tradición e deseño
IES María Sarmiento Viveiro Metaverso e-Motion
IES A Pinguela Monforte de Lemos Reutilización e valorización de residuos de cabelo para a extracción de biomateriais sostibles
  Provincia de Ourense:
IES 12 de Outubro Ourense   Rituais tripla fusión Cosmética, Galénica e Gourmet
CIFP A Farixa Ourense Dixitalización na valoración física con acelerómetros e intelixencia artificial
CIFP de Vilamarín   Vilamarín Revolucionando a hostalería e o turismo mediante un modelo de economía circular integrando a tecnoloxía de impresión 3D.
CIFP Portovello Ourense Smart Office 4.0 APP IA based
  Provincia de Pontevedra:
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez   A Estrada   Natureza e Innovación: Taboleiros con alma sostible
CIFP Montecelo Pontevedra EcoGlow Area

MODALIDADE B

    fd824941 2709 4666 bc9d 48d3ba17fa87   3c338672 8809 4356 a423 13cb3a8ace84
  Provincia da Coruña:
IES Monte Neme Carballo Pin. Patrimonio intelixente. Conservación e divulgación
CIFP Ferrolterra Ferrol Estudo, deseño e construción dun kartcross eléctrico, ekart.
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro Ferrol Simulación de xuízos baseados en evidencia informática para o adestramento de peritos
CIFP Compostela Santiago Espazo virtual de adestramento didáctico dun espectrodensitómetro
IES de Ortigueira Ortigueira OrtiSELFIE
CIFP Ánxel Casal – Monte Alto A Coruña ResiTech
  Provincia de Lugo:
CIFP Politécnico de Lugo Lugo Modelo intelixente para a didáctica de elementos estruturais de construción
CIFP Politécnico de Lugo Lugo RumedSim: Simulador da central de esterilización ao servizo da Formación Profesional
CIFP As Mercedes Lugo Learning in intelligent driving assistance systems
  Provincia de Ourense:
CIFP A Carballeira- Marcos Valcárcel     Ourense Plataforma de simulación háptica en realidade estendida para o adestramento en identificación de síntomas e lesións
  Provincia de Pontevedra:
CIFP Valentín Paz Andrade Vigo Simulador VR de instalacións de refrixeración industrial con amoníaco
CIFP Valentín Paz Andrade   Vigo Deseño, mecanizado e inxección dun molde con cámara quente e secuencial para incorporalo a inyectora de plásticos
CIFP Valentín Paz Andrade Vigo HYBRID3: Adestrador didáctico de tracción híbrida e eléctrica
IES de Vilalonga Sanxenxo O Parque Micolóxico: un espazo gastrodidáctico
CIFP Audiovisual de Vigo   Vigo Arquivo Educativo Audiovisual Galego (AEAG)
CIFP de Cantería de Galicia   Poio Procesos artísticos e técnicos na vosa man (PAT APP)

MODALIDADE C

      711f5f7f 1120 40b9 b977 51e784b120e7
  Provincia da Coruña:
CIFP Fraga do Eume Pontedeume InnovAPP
  Provincia de Pontevedra:
CIFP Manuel Antonio Vigo Transforma os teus intereses na túa profesión
CIFP Carlos Oroza Pontevedra As portas do Oroza. O futuro profesional á túa medida
Comparte este artigo